27 de set. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA).

ADXUDICADA A OBRA DE MELLORA DO ACCESO Á PRAIA DO MUÍÑO (CAMPOSANCOS) QUE CONECTARÁ OS SENDEIROS MARÍTIMO E FLUVIAL  

A actuación enmárcanse dentro do proxecto Visit Rio Minho, de preservación medioambiental, cofinanciado ao 75% polos fondos FEDER 

O proxecto de mellora e recuperación do acceso ao areal inclúe a construción dunha rotonda cunha zona de carga e descarga, a creación dunha parada de bus, a ampliación das entradas ao areal e a rexeneración da praia mediante o retranqueo do muro de contención existente
Fonte: D. PO.

Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a obra de mellora do acceso á praia do Muíño de A Guarda á empresa Marconsa S.L.. O orzamento de adxudicación foi finalmente de 168.287,34  euros, o que supón un 12,44 % de baixa con respecto á licitación, segundo informou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e AECT Rio Minho, Uxío Benítez Fernández.   

 Un total de 16 empresas presentaron ofertas para a execución destas obras de mellora e recuperación do acceso ápraia do Muíño da Guarda, que conectará os sendeiros marítimo e fluvial que rematan no areal. A actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Rio Miño’, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, do que a Deputación provincial é socia.  

 As actuacións permitirán por un lado a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía. O proxecto de mellora e recuperación do acceso ao areal inclúe a construción dunha rotonda cunha zona de carga e descarga, a creación dunha parada de bus, a ampliación das entradas ao areal e a rexeneración da praia mediante o retranqueo do muro de contención existente.   

 Estas obras enmárcanse na actividade 4 do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho destinada á mellora e posta en valor da rede de sendeiros verdes transfronteirizos situados a  ambas marxes do río Miño, un dos maiores atractivos deste territorio como destino de natureza. Ademais, a praia do Muíño é o areal máis extenso do Baixo Miño, conta con Bandeira Azul dende hai anos, e moi apreciado polos usuarios.   

 Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Ningún comentario:

Publicar un comentario