28 de ago. de 2019

O ROSAL

ANA PONTÓN, PORTAVOZ NACIONAL DO BNG, VISITARÁ O CONCELLO DO ROSAL

Este xoves 29 de agosto, ás 12:00 horas, manterá unha xuntanza coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís e membros do equipo de goberno

 Ana Belén Pontón Mondelo  
Portavoz nacional do Grupo Parlamentario do BNG   
Foto: P. G.


Infogauda / O Rosal

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón visitará este xoves día 29 de agosto, ás 12:00 horas, o concello de O Rosal onde manterá unha xuntanza coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís e membros do equipo de goberno para coñecer as primeiras medidas municipais, tras conseguir o BNG a primeira maioría absoluta  no concello.  

 A portavoz nacionalista atenderá aos medios de comunicación tras a xuntanza co equipo de goberno municipal.

  Na súa visita ao concello, a portavoz do BNG tamén se reunirá con representantes das catro Comunidades de Montes e das doce Comunidades de Augas, entidades cunha grande implicación veciñal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario