O CONCELLO INFORMA Á VECIÑANZA DOS HORARIOS DE RECOLLIDA DE LIXO
Infogauda / O Rosal
Para coñecemento da veciñanza os horarios de recollida de lixo dos diferentes contedores, o executivo municipal do Concello do Rosal fixo públicos os horarios de recollida de lixo dos diferentes contedores.
A recollida do contedor verde (resto) é realizada polo persoal do concello de luns a sábado en horario de mañá. Esta recollida realízase por zonas:
Zona 1: luns e xoves
Zona 2: martes e venres
Zona 3: mércores
Sábados: Calvario
A recollida dos contedores de reciclaxe é realizada por empresas externas. Os voluminosos teñen que ser levados ao Punto Limpo.
O Concello agradece que, no caso de detectar incidencias tanto na recollida como no uso dos contedores, as poñades en coñecemento do persoal do concello para poder resolvelas e tomar as medidas pertinentes para evitar que volvan repetirse. A finalidade é a de identificar aos infractores, informarlles do lugar ao que deben levar cada tipo de residuo para que corrixan os comportamentos inadecuados e, de non facelo, aplicar o procedemento sancionador previsto na ordenanza municipal.
Asemade o Concello aproveita para compartir a campaña de SOGAMA “A reciclaxe, a túa compañeira de viaxe” que nos lembra que aínda que vaiamos de vacacións é importante reciclar, facer un uso axeitado dos contedores e non deixar desperdicios nos lugares que visitamos. Isto inclúe todos os espazos naturais que adoitamos frecuentar e que teñen un gran interese turístico como as praias, parques, zonas de recreo, etcétera. Lembrade “o que vai convosco, volve convosco”.





Ningún comentario:
Publicar un comentario