BALONMÁN
PRESENTOUSE O XXI TROFEO CONCELLO DO ROSAL
Que se celebrará o 23 e 24 de agosto no Pavillón Municipal
A alcaldesa Ánxela Fernández presidiu o acto de presentacióno XXI Trofeo Concello do Rosal
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
Presentouse o XXI Trofeo Concello do Rosal, que se celebrará o 23 e 24 de agosto no Pavillón Municipal, así como as novas equipacións.
Teremos o pracer de contar no Rosal cun cadro de equipos do primeiro nivel. Visitiranos o Frigoríficos do Morrazo Cangas, o Abanca Ademar de León e o Adai Maia Ismai.
O presidente do Acanor Atlético Novás, Andrés Senra, e a alcaldesa, Ánxela Fernández, destacaron a gran calidade en termos de balonmán que se vivirá no Concello do Rosal con motivo deste torneo.
A alcaldesa realzou a importancia que ten para un Concello tan pequeno, de pouco máis de 6.000 habitantes, poder contar cun torneo de tanto nivel e aproveitou para poñer en valor o gran traballo que fai o clube e a súa xente na xestión da canteira. Así mesmo deulle a benvida ás novas incorporacións do primeiro equipo e convidounos a coñecer a nosa vila indicando que “tedes as portas abertas do Concello para o que precisedes”.
O presidente do clube anunciou que o torneo terá un prezo popular e que se realizarán actividades coma un clinic para adestradores no que se anunciou a ponencia de Manolo Cadenas e haberá actividades para os cativos.
Seguidamente, coa presenza do patrocinador, Acanor, e a colaboración dos xogadores, pasouse a presentar e amosar as novas equipacións desta tempada, que levan unha clara identificación rosaleira coas cores da bandeira do noso pobo.
Baixo a dirección de Quique Domínguez, o plantel xa está traballando a pleno rendemento.
Sen dúbida, aventúrase unha tempada apaixoante para todos os rosaleiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario