5 de ago. de 2019

A GUARDA

Nava Castro pronuncia o pregón das Festas do Monte Santa Trega en homenaxe ao espírito mariñeiro e a pegada histórica da Guarda  

A directora de Turismo deu hoxe o pistoletazo de saída a estas celebracións que suman dez anos co recoñecemento de interese turístico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro - no palco, a dereita da imaxe -, pronunciando o pregón das Festas do Monte Santa Trega, 2019   
Fotos: Infogauda



Infogauda / A Guarda

 Logo dunha presentación efectuada polo concelleiro Roberto José Álvarez Carrero, a directora de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro Domínguez, pronunciou na tardiña deste luns día 5 de agosto, o pregón das Festas do Monte Santa Trega, nun concorrido acto que tivo lugar na Praza do Reló, fronte a Casa do Casa do Concello, e no que puxo de manifesto a importancia desta celebración no modelo turístico de Galicia por conseguir deixar un rico legado que permite que esta festividade se teña celebrado desde o século pasado “con ilusión, hospitalidade e poñendo en valor os nosos recursos”, indicou.  

 Neste sentido, Nava Castro recordou o papel da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla na posta en marcha desta festividade permitindo que o que comezou sendo unha celebración relixiosa e familiar se teña convertido nun dos festexos máis populares e de gran difusión desta comarca do Baixo Miño. Nava Castro dedicou tamén as súas palabras ás ducias de mariñeiros que durante estes anos veñen mantendo a tradición durante o Domingo do Monte de xurar con viño prometendo que volverán ao ano próximo “exemplificando ese sentimento tan propio e tan característico da Galicia mariñeira”, indicou.  

 A directora de Turismo de Galicia tamén recordou o potencial turístico deste concello pontevedrés, destacando especialmente o Monte Santa Trega, a súa estratéxica situación xeográfica na desembocadura do Miño, os seus miradoiros naturais, a súa proximidade a Portugal e a súa pegada xacobea como parte do itinerario do Camiño Portugués da Costa. Ademais, salientou a singularidade deste destino co traballo das redeiras e tamén desde o punto de vista gastronómico coa langosta e coa lamprea, sendo un dos concellos integrados na Ruta da Lamprea, promovida pola Xunta de Galicia, e onde destacan recursos etnográficos como as gamelas.  

Así estaba a Praza do Reló durante a intervención de Nava Castro


 As Festas do Monte Santa Trega celebraranse durante esta semana neste concello pontevedrés con diferentes actividades culturais, musicais e gastronómicas. É unha das máis de 120 festas de Interese Turístico de Galicia coas que conta a nosa Comunidade Autónoma e este ano conmemora o seu décimo aniversario con este recoñecemento.

 Nava Castro tamén amosou seu apoio cara a consecución da declaración de Festa de Interese Turístico Nacional para ás Festas do Monte Santa Trega.

 Previamente a intervención da directora de Turismo de Galicia, houbo unha intervención de Manuel Castro Vicente, coordinador da Asociación O Cancelón, organizadora das Festas do Monte Santa Trega, na que dixo entre outras cousas que estes festexos non son do agrado de todo o mundo, para engadir a continuación que é moi difícil lograr que cun equipo de dez persoas se de satisfación a dez mil. Tamén dixo que hai quen fai crítica decindo que un membro da asociación ten un bar, e que outra persoa representa orquestas,... Pois ben, máis pronto que tarde, os que así se pronuncian terán oportunidade de pórse ao fronte da comisión e dese xeito desenvolver seus programas.

 Manuel Castro Vicente non desaproveitou para salientar as aportacións económicas que fan os Concellos de Baiona e de Tui, indicando ás correspondentes cuantías - 150.000,00 e 80.000,00 euros, respectivamente -, que son sensiblemente superiores as que aporta o Concello de A Guarda

 Castro Vicente agradeceu públicamente o traballo do personal do Concello e das comunidades de montes, non soio antes da semana de festas, senón durante o desenvolvemento das mesmas, e mesmo despois de rematar os festexos, porque como ben dixo, non habería que limpar, se todos colaborásemos a manter todo en condicións.

  Por ausencia do alcalde Antonio Lomba Baz, interviu o 1º tenente-alcalde Anxo Lois Baz Vicente, quen afirmou que grazas a colaboración das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos e de A Guarda, este ano, ademáis de poder acceder desde Camposancos, haberá espazos para deixar os vehículos na zoa de Chans e de Novo Chans, e deixar o cumio do Trega para o disfrute das persoas.


Juan Vicente - no centro da imaxe -, acompañado de seu fillo Alfonso Manuel Vicente Pérez, recibindo o agasallo conmemorativo de máns de súa neta

 No decurso do acto, o coordinador da Asociación O Cancelón, solicitou que Miguel Ángel Español Otero, subise ao escenario para facerlle entrega dun detalle conmemorativo a Juan Vicente, unha das personas, xunto con Jaime, José e Teodomiro, entre outras, que durante moitos anos, eran os encargados de levar os xigantes no Desfile Tradicional das Festas do Monte Santa Trega. Subiu a recoller o agasallo, unha neta de Juan Vicente, quen minutos despois entregaríallo a seu avó que atópabase entre o público xunto co seu fillo Alfonso Manuel Vicente Pérez e súa filla política, Karina González Bautista. 

 Tamén foille entregado un agasallo ao Coro Arpegios Cantábile como agradecemento a súa colaboura, así como a pregoeira Nava Castro. 

 Compre salientar que como preludio do acto o Coro Arpegios Cantábile interpretar tres temas e como broche de ouro interpretou "Canto á Guarda" (Letra: Chuny Vázquez - Música: José Luís Lorenzo Rodríguez).

Ningún comentario:

Publicar un comentario