7 de ago. de 2019

A GUARDA

May Ferreira presenta na nosa vila, a súa novela “La sombra del percebe azul”


Terá lugar este xoves día 8 de agosto ás 20:00 horas, no Centro Cultural da vila
 
 
Infogauda / A Guarda

 Un ano despois de dar a coñecer a súa primeira novela “El abrazo del sauce” finalista do Premio Planeta 2018, volve May Ferreira Revaliente (Cádiz, 1966) ata A Guarda, a terra de seu pai (Celso Ferreira "Cuevas"), para presentar a súa segunda obra “La sombra del percebe azul”

 A presentación terá lugar este xoves día 8 de agosto ás 20:00 horas, no Centro Cultural da vila e contará coa presenza da autora e coa participación do historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese "Los gallegos de Puerto Rico, 1821-1963: un proceso de formación de burguesía a ambos lados del Atlántico"; autor de destacadas obras sobre o patrimonio arquitectónico, concretamente sobre as casas indianas de A Guarda e O Rosal,  a emigración  guardesa a América, e tamén sobre a historia e o sindicalismo de A Guarda.

A GUARDA, DE NOVO NA LITERATURA, DA MÁN DE MAY FERREIRA

 “La sombra del percebe azul”, a nova obra de May Ferreira, que se desenrola fundamentalmente na Guarda, aborda a vida dos personaxes cuxas existencias transcorren de forma paralela e tal vez o destino logre unilos. Casualidade ou causalidade. Permítenos reflexionar sobre a forza do azar para determinar os acontecementos que nos marcan. Da man dos protagonistas recorren cidades como Santiago de Chile ou Nueva York para finalmente recalar nun “pobo ao sur de Galicia con clara vocación mariñeira”. 

 A autora escribe cunha prosa amena e próxima, con clara vocación descritiva cando se trata de levarnos a lugares polos que sente devoción; recordos a través de comidas, olores e texturas ou sentimentos que están a flor de pel. A obra fai vibrar dende a perspectiva de emocións moi arraigadas que oscilan dende a amargura e a tristeza ata a exaltación dun amor profundo e prohibido. 

 May Ferreira Revaliente é licenciada en Dereito. Ten unha ampla experiencia de mais de dúas décadas en multinacionais do sector industrial e a banca dentro da área de Recursos Humanos. Na actualidade dirixe a área de formación dunha coñecida consultora e é responsable da área de emprendemento da Comunidade de Madrid. Está escribindo a súa terceira obra, unha biografía con ambientación histórica. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario