3 de abr. de 2019

DEPORTES

PIRAGÜISMO

MEDALLA DE OURO EN K1 CADETE PARA O TEIXUGO  ALEXIS SEGADAES, EN VIZELA  
 

Alexis foi o mellor da súa categoría, facéndose coa medalla de ouro
Alexis Segadaes competiu na categoría K1 cadete

Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera / Vizela (Portugal)

 A pasada fin de semana celebrouse na localidade portuguesa de Vizela o Campeonato Nacional de Slálom, correspondente a Liga Portuguesa de Slálom. Como xa é habitual, os clubs galegos tamén acudiron ao evento. Neste caso, en representación do Club Deportivo Miño só acudiu Alexis Segadaes, na categoría K1 cadete. O sábado Alexis acadou a cuarta posición nas clasificatorias, que lle deron acceso as finais a celebra no domingo. Xa nas finais, Alexis foi o mellor da súa categoría, facéndose coa medalla de ouro.  

 A vindeira cita co slálom será na Copa Pirineus, onde se dan cita deportistas de todo o mundo, e no que os Teixugos intentarán acadar praza nos selectivos nacionais sénior, sub-23 e júnior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario