25 de set. de 2018

SANIDADE

O SERGAS NON ATENDE AS REINVINDICACIONS DOS TRABALLADORES DOS PACS 

 A pesar da vontade negociadora expresada polo SERGAS co colectivo de traballadores/as de PACs trala morte dun paciente no PAC A Estrada este verán, e o autonomeamento do presidente Feijóo como defensor dos traballadores/as da Sanidade, na reunión do pasado venres 21 non puidemos constatar dita vontade.  

 Tras sete meses, as negociacións persisten estancadas na distribución e cálculo da xornada do noso colectivo, o primeiro punto da negociación. Se ben se plantexou o venres a proposta de dotar de máis persoal aos  PACs  de forma permanente, sorprendentemente, por contraditorio, non se propuxo ningún mecanismo para evitar as ausencias de facultativos que, tralo verán, se seguen a producir no reforzo en algúns PAC, como a que concorreu na morte denunciada no PAC de A Estrada. Tampouco se chegou a ningunha conclusión respecto a que PACs precisarían aumentar  a dotación 

 O persoal de PACs agrupado na plataforma “PACs en pie de guerra” quere recordar que estes problemas asistencias, que afectan a usuarios e ao propio persoal, son a prioridade dos problemas a solucionar. Pero para solucionar os problemas asistenciais é necesario que o SERGAS organice a xornada aplicando os criterios do Pacto con neutralidade de permisos e IT e diferenciando a xornada obrigatoria e a complementaria no calendario anual. 

 Por un lado, o SERGAS elaborou unha fórmula mal confeccionada para o cálculo da nosa xornada anual, o que redunda  en ter que facer horas de traballo a maiores cada vez que se sufre unha incapacidade temporal ou se desfruta un permiso retribuído. E segundo, as horas a maiores das xornada obrigatoria anual, equivalentes a "horas extraordinarias" e por tanto voluntarias, non son tales por constar no calendario como xornada anual e sen diferenciar. 

 Como pode entenderse, ambas cuestións buscan chegar ás condicións de traballo e retributivas mínimas do resto de colectivos da Sanidade Galega, non un incremento das xa existentes no noso colectivo. Unha situación sen parangón no resto de SERGAS, que motivou múltiples demandas xudiciais, e para os que os propios traballadores temos proposto solucións que a administración se nega a considerar. 

 Por todo o exposto, cremos que o escenario creado pola administración é un dos peores dos posibles: non arranxar as condicións de traballo e retributivas do persoal dos PACS, non permite avanzar cara a solución dos problemas asistencias. Pero para empeoralo inda mais, non existen propostas para resolver os graves problemas de cobertura asistencial que seguen a producirse tralo verán debida á falta de facultativos nas listas de substitución. 

 Polo tanto o colectivo de traballadores/as dos PACs agrupados na plataforma imos ter reunións nesta semana para estudiar novas respostas a pasividade e a dilación na negociación que se ven dilantando desde fai 7 meses. Tras todo este tempo e vendo que as consecuencias estanse agravando con falta de cobertura de minimos co resultado da repercusión nos enfermos,  gardas impostas desde as xerencias, correos convidando a facer mais xornada para non deber horas ao SERGAS en caso de baixa ou outros permisos ou denegacións de permisos, vacacións ou mesmo reduccions de xornada por coidados de fillos a cargo, o colectivo xunto coas organización sindicais  están dispostos a dar novos pasos nas suas reivindicacións.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario