25 de set. de 2018

DEPORTES

PIRAGÜISMO

DEZ MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS III TAÇA PONTE DA AMIZADE DE SLÁLOM 

Por equipos, o Montaña Quixós de Monforte de Lemos foi o gañador, seguido do Club Deportivo Miño-Teixugos e do Penedo Te Importa de Caldelas de Tui

Informa (Fotografías e Redacción): Rosa Fernández Carrera / Vilanova de Cerveira 

 O domingo día 23 de setembro tivo lugar en Vila Nova de Cerveira, nas augas do río Miño, a III Taça Ponte da Amizade de Slálom. O evento foi organizado polo Club Deportivo Miño e as Federacións Galega e Portuguesa de piragüismo, e contou coa participación de  deportistas  dos clubs galegos e portugueses de slálom. Para os portugueses puntuou para o Campeonato Nacional de Esperanças, e para os galegos foi a 7ª Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom.  

 O equipo dos Teixugos estivo formado nesta ocasión por doce deportistas, moitos do cales fixeron doble competición, en kaiak e canoa. Todos eles tiveron unha destacada participación.  

En K1 prebenxamín, Alejandro Suárez, acadou a medalla de bronce
Sergio Rodríguez gañou en K1 e acadou o bronce en C1, e Samuel Castro resultou prata en canoa e bronce en kaiak
Ainhoa gañou en K1 e foi segunda en C1 e Alba  primeira en C1 e segunda en K1 
En Cadete Muller, Ariadana Pereira foi a gañadora da proba

 En K1 prebenxamín, Alejandro Suárez, o noso participante máis novo,  acadou a medalla de bronce. Javier LLuch na categoría benxamín  foi quinto. En alevín masculino, Adrián Lluch tamén foi quinto en K1 e sétimo en C1, Antón Fernández rematou undécimo e Alexandre González vixésimo sexto. Na categoría infantil Sergio Rodríguez gañou en K1 e acadou o bronce en C1, Samuel Castro resultou prata en canoa e bronce en kaiak e Alexis Segadaes rematou en quinto lugar en K1. En Infantil feminino Ainhoa Barreiro e Alba Soutelo dominaron as probas, Ainhoa gañou en K1 e foi segunda en C1 e Alba  primeira en C1 e segunda en K1. En Cadete Muller, Ariadana Pereira foi a gañadora da proba, medalla de ouro, polo tanto.  

 Impresionante balance para os Teixugos nesta proba galego-portuguesa cun total de dez medallas: catro ouros, tres pratas e tres bronces. 

 Na clasificación final por equipos, o Montaña Quixós de Monforte de Lemos foi o gañador, seguido do Club Deportivo Miño-Teixugos e do Penedo Te Importa de Caldelas de Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario