20 de set. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Remataron as obras de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño



Vista parcial da pasarela de acceso á Praia do Forte, coñecida popularmente como Praia do Muiño, en Camposancos (A Guarda)
Fotos: C. A. G.

 Infogauda / Camposancos 

 O executivo municipal do Concello de A Guarda ven de indicar que “a pasada semana remataron os traballos de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño, consistentes na reposición dunha parte da pasarela de acceso á praia, reparación doutro tramo e colocación dun novo tramo ata a zona de aparcamento, conectando estes dous espazos.
  
Vista parcial da dotación do novo tramo ata a zona de aparcamento

 A nova pasarela está construída en madeira, contando cun ancho de 1.60 metros e unha lonxitude de 96 metros, unindo o aparcamento e a Praia do Muíño, o areal de maior afluencia na Guarda durante a tempada estival, e tamén unha zona frecuentada ao longo do ano por numerosas persoas para realizar paseos e exercicio físico.  

 Estas obras de mellora realízanse grazas a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que se reparte en dúas anualidades 2018 e 2019 cun investimento total de 24.161,10€ IVE incluído.

Ningún comentario:

Publicar un comentario