MOVEMENTO OIA EN MAREA, PRESENTA UNHA MOCIÓN DE APOIO A SITUACIÓN DAS PERCEBEIRAS E DOS TRABALLADORES DO MAR
Xoán Lois Vila Pinel, concelleiro portavoz independente do grupo mixto do concello de Oia
Infogauda / Oia
O portavoz independente do grupo mixto do concello de Oia, Xoán Lois Vila Pinel, demanda "a Xunta e Concellos máis apoios para garantir a viabilidade da extracción artesanal do percebe no Baixo Miño".
O concelleiro critica "o furtivismo sen control, e as deficiencias das depuradoras e as súas consecuencias dos vertidos na costa atlántica do Baixo Miño e a súa contaminación na nosa costa".
Sobor desa problemática Xoán Lois Vila relembra: "Levamos moitos anos reclamando unha solución para o saneamento en Oia,... nesta ultima lexislatura en todos os plenos, con multiples mocións, presentadas polo BNG, PSOE e Independentes, pero o PP non atopa solucións.
O concello está desbordado e súa incompetencia polo respecto ao medio ambiente fai que non se tomen medidas na defensa do litoral, da fauna e flora do mesmo e na protección dos postos de traballo que moitos percebeiros e percebeiras teñen a través dos seus permisos de extracción.
As autoridades e administracións non son efectivas contra o furtivismo descontrolado, aplicando medidas que non solucionan os problemas reais dos mariscadores, debido a que a venda ilegal rompe o mercado e da unha pésima imaxe na vila mariñeira da A Guarda e desprestixia os nosos xéneros únicos en galicia, e o traballo dos traballadores e traballadoras do mar, que ao mesmo tempo cumpren a legalidade e pagan taxas por vixianza, agrupacións, confradías, impostos e as súa seguridade social.
Unha actividade económica que se está tornando inviable para os nosos mariscadores nos tempos que corren".
MOCIÓN DE APOIO A SITUACIÓN DAS PERCEBEIRAS E DOS TRABALLADORES DO MAR
D. Xoán Lois Vila Pinel, Voceiro do Grupo Mixto Municipal do concello de Oia, en representación do mesmo e ao amparo do artigo 97.2 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro de 1986, do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRXEL), somete a consideración do Pleno da Corporación a seguinte proposta de acordo:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Demandamos a Xunta e Concellos máis apoios para garantir a viabilidade da extracción artesanal do percebe no Baixo Miño.
Criticamos o furtivismo sen control e as deficiencias das depuradoras e as súas consecuencias dos vertidos na costa atlántica do Baixo Miño e a contaminación na nosa costa.
Levamos moitos anos reclamando unha solución para o saneamento en Oia,... nesta ultima lexislatura en todos os plenos con multiples mocións, presentadas polo Bng, Psoe e Independentes, pero o PP non atopa solucións.
O concello está desbordado e súa incompetencia polo respecto ao medio ambiente fai que non se tomen medidas na defensa do litoral, da fauna e flora do mesmo e na protección dos postos de traballo que moitos percebeiros e percebeiras teñen a través dos seus permisos de extracción.
As autoridades e administracións non son efectivas contra o furtivismo descontrolado, aplicando medidas que non solucionan os problemas reais dos mariscadores, debido a que a venda ilegal rompe o mercado e da unha pésima imaxe na vila mariñeira da A Guarda e desprestixia os nosos xéneros únicos en galicia, e o traballo dos traballadores e traballadoras do mar, que ao mesmo tempo cumpren a legalidade e pagan taxas por vixianza, agrupacións, confradías, impostos e as súa seguridade social.
Unha actividade económica que se está tornando inviable para os nosos mariscadores nos tempos que corren.
SOLICITAMOS:
· Manifestar o apoio deste Concello e os concellos do Rosal e A Guarda onde se desenrola esta actividade mediante unha xuntanza para defender ás persoas mariscadoras e traballadoras do mar, un colectivo amplo que xenera moitos postos de traballo no Baixo Miño, onde valorar conxuntamente as posibles solucións e medidas necesarias en contra o furtivismo, que reduce os intereses e ingresos xerais e xenera un alto risco contra a saude publica, e desprestixia a calidade dos nosos recursos mariños, xenerando unha penosisima imaxe de cara a os turistas e consumidores de estas especies galegas únicas no planeta.
· Solicitar unha revisión profunda do caduco modelo para ir a un novo que incentive as condicións reais e de un maior apoio nas actividades profesionais do marisqueo, recoñecendo aquelas que teñen maior penosidade, perigosidade , sexan insalubres e provoquen sinistralidade e altas morbilidades.
· Solicitar o Dirección Xeral de Pesca e a Recursos mariños aplicar criterios que garanticen os dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras galegas.
· Trasladar esta problemática ao presidente da Xunta de Galiza, e grupos parlamentares do Parlamento de Galiza.
Movemento Oia
Oia, 19 de Xullo 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario