20 de xul. de 2018

DEPORTES

A SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA ORGANIZA Á CARREIRA POPULAR FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2018

Celebrarase o sábado día 4 de agosto, a partir das 18:00 h., na Alameda de A Guarda


Infogauda / A Guarda


REGULAMENTO
CARREIRAS POPULARES FESTAS DO MONTE TREGA 2018
ANDAR - MARCHAR - CORRER
 O atletismo TREGA, o sábado día 4 de agosto do ano 2018 a partir das 18 horas, dirixe e controla as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN.
 As inscricións, serán ilimitadas nas categorías menores a partir da categoría promesas o límite será 400 atletas.
 Inscricións a través desta ligazón.
 Teléfono de información 650 794 421.
 Constará de nome, apelidos, data de nacemento completa, DNI, residencia, Club, nº de ficha atletas federados, nº de teléfono, email.
 O prazo péchase o día 3 a partir das 19 horas. Non se inscribirá ningún atleta fora de prazo pola imposibilidade de tramitar o seguro de accidentes.

CATEGORÍAS
ANO
NACEMENTO
DISTANCIA
APROXIMADA
SAÍDA
APROXIMADA
AGASALLO
PULGAS MULLERES
2013/2017
100 m
18:00 h
TROFEOS
PULGAS HOMES
2013/2017
100 m
18:10 h
TROFEOS
PRE-BENXAMINS MULLERES
2011/2012
400 m
18:20 h
TROFEOS
PRE-BENXAMINS HOMES
2011/2012
400 m
18:40 h
TROFEOS
BENXAMÍNS MULLERES e HOMES
2009/20010
600 m
18:50 h
TROFEOS
ALEVINS MULLERES e HOMES
2007/2008
1.000 m
19:00 h
TROFEOS
INFANTILES MULLERES e HOMES
2005/2006
2.000 m – 2 V
19:15h
TROFEOS
CADETES MULLERES e HOMES
2003/2004
2.000 m – 2 V
TROFEOS
XUVENILES MELLERES e HOMES
2001/2002
2.000 m – 2 V
TROFEOS
PROMESAS MULLERES e HOMES
96/97/98/99/2000
7.339 m
19:30 h
TROFEOS
SENIOR MULLERES e HOMES
1995 ata veterano
TROFEOS
VETERANOS HOMES – A
35 a 44 anos
TROFEOS
VETERANOS HOMES – B
45 a 54 anos
TROFEOS
VETERANOS HOMES – C
55 anos e mais
TROFEOS
VETERANAS MULLERES – A
35 anos a 44 anos
TROFEOS
VETERANAS MULLERES -B
45 a 54 anos
TROFEOS
VETERANAS MULLERES - C
55 anos e mais
TROFEOS

 A secretaría estará na alameda de A Guarda. Os atletas participantes estarán colocados 5´antes da saída da súa proba. 

 De pulgas ata cadetes a inscrición será gratuíta. Na carreira absoluta ( a partir de promesas) terase que pagar unha inscrición de 5 €. (non reembolsable) 

 Os premios serán: TROFEOS para os tres primeiros. Un atleta só ten dereito a un premio ou trofeo. Serán entregados pola Comisión de Festas. 

 Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada en vigor. 

 Os participantes traerán imperdibles para suxeitar o dorsal, a organización non facilitará imperdibles. 

 Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes. 

 En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba. 

 Dado o carácter popular non se admiten reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo. 

 Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito. 

 Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a dirección da proba. 

 Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro e Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada. 

 O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados. 

 A Organización ten contratado un seguro de accidentes para os participantes da proba.

 As probas estarán controladas polos voluntarios da AVCD o Cancelón e do atletismo Trega.

 O avituallamento estará en Camposancos aproximadamente no km 5.2 km. 

 AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do atletismo popular. 

 Colaboran en esta proba: Coca Cola, Policía Local, A participación nas carreiras populares implica a total aceptación do presente regulamento. Este regulamento pode ser modificado para súa mellora. 

 Premio especial (30€) al corredor y corredora más rápido en la vuelta al monte (7.339m),siempre y cuando supere en el apartado masculino la mejor marca de 22´12" y en el apartado femenino 26´25".

Ningún comentario:

Publicar un comentario