A Xunta participará este luns no cumio de turismo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurará este encontro, no que participarán altos representantes de turismo de España e Portugal
Infogauda / Galicia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participará mañá no Cumio de Turismo impulsado pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal/AECT que terá lugar en Matosinhos (Portugal).
Ao encontro, asistirán altos representantes de turismo de ambas rexións, así como de España e Portugal. Intervirán, entre outros, o director xeral de Turespaña, Manuel Butler; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o cónsul xeral de España en Porto, Aleix Garau; ou o Presidente de Turismo de Portugal, Luís Araújo.
Este encontro inscríbese nos acordos acadados no XXIX Cumio entre España e Portugal celebrado en maio de 2017 en Vila Real. Entre os acordos, incluíase un protocolo de cooperación no ámbito de turismo que ten como fin a posta en valor do turismo e da promoción conxunta nos mercados intercontinentais dos camiños de espiritualidade, parques naturais e enoturismo de Portugal e España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario