Tati´s Joplin e Sons En Lilá
Sábado 3 de marzo, ás 23:00 h., nas Pozas
As Pozas / A Guarda
Este sábado 3, a partir das 23:00 contaremos coa presenza de Tati's Joplin (Tributo acústico a Janis Joplin), dúo formado por Tatiana Paratcha á voz, e por Ivan Fornos Dominguez á guitarra.
O proxecto xorde para honrar a figura de Janis Joplin, predominando temas da súa letra. Completan o repertorio clásicos doutras grandes artistas como Etta James, Nina Simone ou Tina Turner. Versións de cuño propio, feitas desde o cariño e o respeto.
E ao remate da actuación, sesión Sons En Lilá, cunha selección de grandes temas tralos que se atopan mulleres de todos os tempos e estilos musicais.
Vémonos xente!
Ningún comentario:
Publicar un comentario