NOVO ÉXITO DO "VENRES DE FOLIADA"
No evento participaron comparsas procedentes de Bueu, Marín, Redondela, Salceda de Caselas, Tui, Vigo,..., e por suposto, de Tomiño
Carroza dunha das comparsas que participaron no "Venres de Foliada", de Tomiño
Foto: Infogauda
Infogauda / Tomiño
O fío das 21:45 h. do venres día 9 de febreiro, deu comezo unha nova edición do "Venres de Foliada", organizada polo Concello de Tomiño.
No evento participaron comparsas procedentes de Bueu, Marín, Redondela, Salceda de Caselas, Tui, Vigo,..., e por suposto, de Tomiño, que desafiando ás baixas temperaturas (5º), amosaron moitísima beleza, creatividade e inxenio, sendo correspondidos polos eloxios dos milleiros de espectadores de Tomiño e de toda á bisbarra do Baixo Miño, que ateigaron prácticamente todo o percorrido do desfile, sobor de todo desde a intersección da baixada a Mosteiro coa rúa Gondomar e ata a Praza do Seixo.
Foi un espectáculo no que participaron picariños e maiores e foi presenciado tamén por moitísimas persoas, obviamente de tódalas edades.
A climatoloxía ainda que propia do inverno, no que respecta á temperatura, foi á gran aliada da noite, xa que o longo do desfile - que tivo unha duración duns 145 minutos -non houbo ningunha precipitación.
GALERÍA DE IMAXES DO VENRES DE FOLIADA, 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario