Desenvolvéronse durante dous días na Delegación da Xunta/Casa de Galicia
CLAUSURADAS AS XORNADAS DE FORMACIÓN “OS NOVOS EMPREGOS NO MEDIO RURAL: RETOS PARA OS DOCENTES DA FP”
QUE REUNIRON A MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE DIRECTIVOS DAS EFA
O delegado da Xunta de Galicia en Madrid interviu na clausura das Xornadas, xunto a directivos das EFa
Infogauda / Madrid
Finalizadas as xornadas de formación de directivos das Escolas Familiares Agracias ( EFA) “Os novos empregos no medio rural: retos para os docentes da FP” que durante dous días reuniron na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a máis de medio centenar de directivos de sete comunidades autónomas: Aragón, Andalucía, Castela a Mancha, Comunidade Valenciana, Estremadura, Madrid e Galicia, cuxa EFA organizou o encontro en colaboración coa Unión de Escolas Familiares Agrarias de España ( UNEFA).
O delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega -en primeira fila, con garabata azul- posóu cos directivos e participantes das Xornadas
O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que o xoves 8 presidiu o acto de inauguración e deu a benvida a organizadores e asistentes, tamén presidiu clausúraa. Ónega despediuse hoxe deles desexándolles que os traballos fosen proveitosos e sorte no seu desenvolvemento. Todos xuntos pousaron nunha foto de familia para o recordo, nas escaleiras da Casa.
Estas xornadas desenvólvense cada dous anos e teñen por obxectivo a formación dos directivos dos vinte e seis centros das EFA, que impartirán os ensinos entre os máis de catrocentos profesionais que traballan nelas, quen á súa vez poderán aplicalas aos 4.445 alumnos que teñen neste curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario