PREVISIÓN PARA O XOVES DÍA 15 DE FEBREIRO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Xoves, 15
19:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Presentación do libro-disco “A REQUINTA DA ULLA, OBRADOIRO RIOBÓ”, de Rafael Carracedo Crespo, publicado por Edicións Embora, que inclúe partituras, planos e fotografías antigas, ademais dun CD con pezas interpretadas con este tradicional instrumento típico do Val do Ulla que apenas se emprega desde a década dos 80.
Carracedo, que na actualidade é trompetista da Garda Real é herdeiro dunha longa tradición familiar de músicos, propúxose a tarefa de estudar, transcribir e transmitir este patrimonio cultural inmaterial que estaba a piques de desaparecer e que este libro recupera para as xeracións vindeiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario