PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 5 AO VENRES 9 DE FEBREIRO DE 2018
Luns, 5
19:30 horas.
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da mostra de pintura “MARES” de Keith L. Boyd, artista neoyorkino que soubo captar a inmensidade, o misterio e a inquietude que transmite o profundo e denso mar da Costa da Morte, coa súa luz e forza características.
A exposición de Keith L. Boyd poderá visitarse nas Salas A e B ata o 28 de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas os días laborables. Domingos e festivos, de 10 a 14 horas.
Mércores, 7
19:30 horas.
María Luisa Maillard
Presentación do libro Vida de Concepción Arenal, de María Luisa Maillard, publicado pola Asociación Matritense de Mulleres Universitarias e Elia Editores, no que a autora narra a vida e obra da pioneira galega que xa en 1830 defendeu o dereito das mulleres para estudar pois ela mesma para asistir a varios cursos na universidade tivo que facelo vestida de home.
Intervirán, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega, a escritora e exministra de Asuntos Sociais Cristina Alberdi e a propia autora, María Luisa Maillard. Haberá ademais un diálogo dramatizado entre Concepción Arenal e Juana de Vega, coa participación da profesora Natalia Velasco.
Xoves, 8
De 9:30 a 14:00 h.
16:00 a 18:30 h.
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá as XORNADAS DE FORMACIÓN DE DIRECTIVOS DAS ESCOLAS FAMILIARES AGRARIAS (EFA), baixo o título, “OS NOVOS EMPREGOS NO MEDIO RURAL: RETOS PARA OS DOCENTES DE FORMACIÓN PROFESIONAL”, e teñen por obxectivo a preparación e formación dos próximos directivos dos 26 centros das Escolas.
A estas xornadas, que se celebran cada dous anos, asistirán máis de medio centenar de profesionais que desenvolven a súa actividade en seis comunidades autónomas: Aragón, Andalucía, Castela a Mancha, Comunidade Valenciana, Estremadura e Galicia, cuxa EFA organiza os encontros en colaboración con UNEFA.
A inauguración correrá a cargo da directora xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Rosalía Serrano Velasco; o presidente de EFA-Galicia, Gabriel Tirapu Díaz e do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galiacia, José Ramón Ónega López.
Venres, 9
De 9 a 14 h.
X ornadas de Formación de Directivos das Escolas Familiares Agrarias ( EFA). Continuación e clausura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario