ATLETISMO
O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO SUMAN E SEGUEN SUMANDO
4 TROFEOS POR EQUIPOS, UN TÍTULO PROVINCIAL E 2 BRONCES POR INDIVIDUAL
NOS CAMPIONATOS PROVINCIAIS DE CAMPO A TRAVÉS EN IDADE ESCOLAR NO PROGRAMA DE XOGADE DA XUNTA DE GALICIA, NA LOCALIDADE DE PORTAS
Equipo da Sociedade Atlética do Trega que participou en Portas, no Campionato Provincial de Campo a través da provincia de Pontevedra, cos seus adestradores
Fotos: Atletismo Trega
Fotos: Atletismo Trega
Infogauda / Deportes
O pasado sábado día 3 de febreiro, na localidade de Portas disputouse o Campionato Provincial de Campo a través da provincia de Pontevedra.
Cunha mañá friísima e chuviosa, onde a auga non nos abandonou en ningún momento, transformando o circuíto lento, pesado e lamizado, disputaríanse as categorías benxamín,alevín, infantil e cadete de clubs, clasificatorio para o Campionato de Galicia de Campo a través, onde se clasificarían os 2 primeiros equipos e os 8 primeiros individuais.
Ata alí o Atletismo Trega levou a todos os seus atletas que se clasificaron na súa fase zonal no pasado mes de novembro en Soutelo (Salceda de Caselas) onde tentarían clasificarse para acceder ao campionato de Galicia de campo a través que se celebrará na Pobra de Caramiñal (A Coruña) o próximo día 17 de febreiro onde se xuntarán os mellores das catro provincias galegas clasificados cada un nas súas provincias como paso natural.
Ás 11:00 h da mañá arrincaba o evento coa categoría benxamín feminino nunha distancia aproximada de 800 m. con moitos nervios e moita tensión por culpa da inestabilidade meteorolóxica, os nosos atletas máis pequenos dérono todo, clasificándose na seguinte orde e formando un marabilloso equipo obtendo os seguintes resultados:
Amanda Martínez Sierpes, 7ª clasificada; Paula Rocha Bautista, 8ª clasificada; Mara González Carrera, 12ª clasificada; María Rodríguez Martínez, 31ª clasificada; Paula Martín Pousa, 41ª clasificada.
Sumando así unha puntuación total de 58 puntos e conseguindo subirse ao pódium segundas por equipos proclamándose subcampioas provinciais coa prata, e acabando aquí a súa participación xa que a categoría benxamín non pode acceder ao Campionato galego.
Ás 11:10 h seguiríanlle os benxamins masculinos nunha distancia tamén de 800 m. aproximadamente onde tamén tiñamos a outro fantástico equipo clasificándose na seguinte orde:
Yeray Dacuña Sierpes, 7º clasificado; André Álvarez Rodríguez, 8º clasificado; David Domínguez Lindo, 10º clasificado; Brais Montes Dacuña, 12º clasificado; David Martínez Alonso, 20º clasificado; Aarón Dacuña Sierpes, 22º clasificado.
Proclamándose campions provinciais, 1º clasificado, ouro por equipos, e acabando así a súa participación tamén.
Seguiriamos ás 11:20 h. coa categoría alevín feminino cunha distancia de 1.125 m. aproximadamente Só conseguirían o bronce en equipos pola falta dunha compañeira que era unha peza fundamental para o equilibrio do equipo. Toda unha pena por non poder estar no galego por equipos.
A clasificación foi a seguinte:
Elisa Morgado Rodríguez, 4ª clasificada; Carmen Magallanes Pérez, 8º clasificada; Mara Romeu Vicente, 16ª clasificada; Carla Rocha Bautista, 55ª clasificada; Aína Bolea Díaz, 56ª clasificada.
E sumando 83 puntos, facéndose co 3º posto, bronce por equipos.
E ás 11:30 h. viríanos a categoría alevín masculino nunha distancia aproximada de 1.715 m. aproximadamente sendo o último equipo representante que nos deixaría a seguinte orde de entrada:
Álex Sierpes Pereira, 1º clasificado e proclamándose campión provincial de Campo a Través 2018 na provincia de Pontevedra; Christian Sierpes Pereira, 3º clasificado, que se faría co bronce; Marco Martínez Rial, 18º clasificado; Óscar Eiras Castro, 31º clasificado; Sergio Morais Rodríguez, 54º clasificado.
No podio, os irmáns Álex Sierpes Pereira, 1º clasificado, campión provincial de Campo a Través 2018 na provincia de Pontevedra; e Christian Sierpes Pereira, 3º clasificado, e medalla de bronce
Proclamándose campions provincias por equipos e por tanto será o único equipo da Sociedade Atlética do Trega que nos representará na Pobra do Caramiñal, xa que só poden acceder os dous primeiros equipos a partir da categoría alevín ata cadete e excluíndo os benxamins como xa comentaramos anteriormente.
Ás 11:40 h. continuariamos coa categoría infantil feminino cunha distancia aproximadamente de 1.725 m. onde teriamos a tan só dúas atletas de representación e clasificándose na seguinte orde:
Marcela Morgado Rodríguez - a dereita da imaxe - no podio infantil feminino , coa súa medalla de bronce
Nun apretadísimo final a sprint, Marcela Morgado Rodríguez, 3ª clasificada, logrou o bronce; Antía Rodríguez Otero, correndo de menos a máis asinaría unha 46ª posición.
E para pechar o evento a última proba onde a representación do Club na categoría de cadete masculina tendo tamén a dousatletas, terían que correr 3.975 m. aproximadamente e entrando na seguinte orde:
Hugo Domínguez Lindo, 6º clasificado e Javier Sanz Berridy, 31º clasificado.
Por último, destacar e lembrar que os atletas clasificados que nos representarán son nove en total na Pobra do Caramiñal, no circuíto da praia de Cabío: Elisa Morgado Rodríguez, Carmen Magallanes Pérez, Álex Sierpes Pereira, Christian Sierpes Pereira, Marco Martínez Rial, Óscar Eiras Castro, Sergio Morais Rodríguez, Marcela Morgado Rodríguez e Hugo Domínguez Lindo.
A xunta drectiva do club Atletismo Trega dálles moitísimas grazas a tódolos atletas pola súa vosa colaboración e compromiso e felicita aos clasificados, os que lles desexa moita sorte no Campionato de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario