17 de feb. de 2018

DEPORTES

CAMPIONATO DO MUNDO DE REMO INDOOR

DAMIÁN ALONSO ALONSO, LOGRA Á PRIMEIRA POSICIÓN NA REGATA DESTE SÁBADO


Damián Alonso Alonso, do clube Minero´s, xa acadou o primeiro éxito da regata deste sábado


Infogauda / Deportes


 Como xa informamos os lectores deste xornal dixital, o remeiro Damián Alonso Alonso, de A Guarda, do club Minero´s, participa unha vez máis no Campionato do Mundo de Remo Indoor que está celebrándose nesta fin de semana, en Alexandria, Virginia (Estados Unidos).

 Súa primeira regata, que tivo lugar este sábado, na categoría Aberta (maiores de 23 anos) Homes, de 30´de duración; o remeiro guardés acadou a 1ª posición, e por conseguinte súa primeira medalla na XXXVIIª edición do Campionato do Mundo de Remo Indoor. 

 Os rivais de Damián Alonso na tarde de hoxe foron: Thomas Beckenhauer, do Columbia Rowing Club; Jörg Jeske, do Concept2 Team Germany; Stefan Gerritzen, do Concept2 Team Germany; Shae Birch, do Don Rowing Club; John Dexter, do Potomac Boat Club; Artur Ohanjanyan, non afiliado (ARM); e Richard T. Califano, non afiliado (ARM).

 E mañá domingo 18 de febreiro, Damián disputará tress novas regatas:

 · Mestre (30-39 anos) Homes liviáns 2.000 M.
 · Mestre (30-39 anos) Campionato Sprint masculino 500 M.
 · Aberto Homes Campionato Sprint 500 M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario