2 de out. de 2017

TUI

O BNG CONDENA A MOCIÓN DE CENSURA DO PARTIDO POPULAR AO GOBERNO DE TUI

Carme Núñez Méndez, portavoz municipal do BNG no Concello de Tui e o concelleiro José Martínez Tato
Foto: BNG Tui

Infogauda / Tui

 O BNG condena a moción de censura de Tui por ser esta unha manobra antidemocrática e cre que o Partido Popular non aceita perder as eleccións. Así o ven de afirmar a portavoz municipal do BNG, Carme Núñez  Méndez quen condenou hoxe a moción de censura ao governo de Tui por constituír unha manobra antidemocrática 

 Carme Núñez considerou que o Partido Popular non aceita de bo grado a vontade do pobo de Tui expresada nas urnas, recurrindo a estes atallos para chegar ao poder nun momento chave, xusto cando, o governo actual ten en marcha toda unha serie de proxectos e avances para a cidade tudense (peonalización do centro histórico, PECH, compostaxe, ordenanza de limpeza, etc.).  

 Así mesmo lembrou estas mesmas manobras caciquís, como o caso do concello veciño de Oia, onde tamén se violou a vontade popular e se fixo para por a institución non ao servizo do pobo, senón de intereses partidistas, recalcou a portavoz municipal deixando ver claramente que o Partido Popular actúa en función dunha estratexia perfectamente orquestrada por Alfonso Rueda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario