1 de out. de 2017

TOMIÑO

CURSO PARA A FORMACIÓN DE ADULTOS CO FIN DE PREPARAR A PROBA DO GRADUADO NA ESO 

OS INTERESADOS PODERÁN INSCRIBIRSE OFICIALMENTE NO REXISTRO MUNICIPAL ATA O DÍA 6 DE OUTUBRO 


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño organiza un novo curso de formación de adultos co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 2 (mediante a proba de competencias clave) ou para preparar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.  

 Os requisitos para a inscrición no curso serán:  
· Estar empadroado en Tomiño.  
· Ter cumpridos os 16 anos.  

 Tamén se poderán admitir persoas de fora de Tomiño, se quedan prazas vacantes.  

 Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do mes de maio será necesario:  
· Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo  durante curso 2017/2018. · Ter cumpridos os 18 anos antes do día de realización da proba da ESO, que se prevé que será a finais de maio.  

 As persoas interesadas, poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello ata o venres 6 de outubro de 2017, en horario de 8:00 a 14:00 horas, presentando o modelo de solicitude dispoñible no propio rexistro, xunto cunha fotocopia do DNI. Unha vez finalizado o prazo, seguiranse recollendo inscricións, por se quedaran prazas vacantes.  

 Durante o curso 2017/2018, que se prevé que dará comezo o día 16 de outubro, as clases terán lugar os luns, martes e xoves de 19:00 a 22:00 horas no Centro de Formación “O Regatiño” en Avenida Pío Troncoso, 8 (Goián).

Ningún comentario:

Publicar un comentario