2 de out. de 2017

LABORAL

PREVISIONS DA CIG DE VIGO

Para este martes 3 de outubro


CIG / Vigo

 Estas son as previsións da CIG de Vigo para este martes 3 de outubro:  

10:00 horas: asemblea de delegados/as nos Capuchinos (rúa Vázquez Varela, 15) para avaliar a Lei de Fomento Industrial da Xunta. Participará o secretario xeral da CIG, Paulo Carril. Ao remate, por volta das 11:45 horas, haberá manifestación até o edificio da Xunta.

11:30-12:30 horas: o comité de empresa de SCY (CIG e UGT), compañía contratada polo Concello de Vigo para xestionar o cobro de multas, impostos e catastro desenvolverá unha concentración na lonxa do consistorio para reclamar un convenio colectivo digno e denunciar que a dirección ofrece unicamente unha suba salarial do 1% e pretende aumentar a xornada laboral a 38,8 horas semanais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario