29 de set. de 2017

VAL MIÑOR

O PERSOAL DO GRUMIR DO VAL MIÑOR INICIA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIONS

Para denunciar a precariedade laboral e a falta dun convenio colectivo dende hai dez anos 

Infogauda / Val Miñor

 O persoal do Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR) do Val Miñor inicia a próxima semana - segundo informa Rosi Pereira, delegada da CIG no GRUMIR do Val Miñor -, un calendario de mobilizacións, que se prolongará durante o mes vindeiro, para denunciar a precariedade laboral e a falta dun convenio colectivo dende hai dez anos. 

 As concentracións comezan este luns 2 e continuarán os días 5, 16 e 25 de outubro. 

 LUGARES E HORARIOS DAS PROTESTAS: 
- 2 de outubro ás 10:30 horas: no mercadiño (avenida Julian Valverde, Sabarís- Baiona). 
- 5 de outubro ás 11:30 horas: no edificio do Concello de Baiona (rúa Lorenzo de la Carrera s/n). 
- 5 de outubro ás 19:30 horas: no edificio do Concello de Gondomar (praza Doutor Latino Salgueiros, 1). 
16 de outubro ás 10:30 horas: no mercadiño (avenida Julian Valverde, de Sabarís- Baiona). 
- 25 de outubro ás 19:30 horas: no edificio do Concello de Nigrán (praza da Constitución s/n).   

Ningún comentario:

Publicar un comentario