O Concello de Oia organiza a actividade formativa gratuíta
OIA: UNHA OLLADA XOVE
Raquel Pérez Fernández
AEDL Concello de Oia
OIA: UNHA OLLADA XOVE, é un programa gratuíto de sensibilización, dinamización e participación da mocidade rural na posta en valor do patrimonio natural, histórico e cultural do Concello de Oia.
Ofrécese ós/ás mozos/as do Concello a posibilidade de coñecer o noso patrimonio mediante a participación en obradoiros de creatividade dixital, sendeirismo, concursos e moitas máis actividades.
DESTINATARIOS: PREFERENTEMENTE MOZOS/AS DE ENTRE 12 E 16 ANOS QUE CURSEN ESTUDOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA.
REALIZACIÓN: Realizarase entre o 6 de setembro e o 5 de outubro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario