29 de set. de 2017

GOIÁN

CINEMA

SING STREET ABRE O CICLO DE OUTONO DO CINECLUB POLEIRO EN GOIÁN  

XA ESTÁ Á VENDA O BONO PARA AS CATRO PELÍCULAS AO PREZO DE 12 EUROS   


Rita Alonso / Goián

 O xoves, 5 de outubro, ás 21:30 horas, o cineclub Poleiro proxecta no Auditorio de Goián, 'Sing street', unha película irlandesa dirixida por John Carney.   

 SINOPSE: 

 No Dublín de 1990, a recesión económica fae que Conor cambie a comodidade da escola privada na que estudiaba, por un centro público onde o clima é máis tenso. Atopará un raio de esperanza na misteriosa Raphina e para conquistala convídaa a protagonizar os videoclips da banda que quere formar. Ela di que sí e el ten que cumprir a promesa.   

 Nominada en 2016 á mellor comedia nos Globos de Ouro, e aos premios David di Donatello.  

CRÍTICA: 

 "(...) 'Sing street' es esa canción que siempre funciona. Tres minutos de melodía poderosa. Hora y tres cuartos de película irresistible (...)." Javier Ocaña: Diario El País.  

 O xoves, 2 de novembro, chega unha película francesa  ELLE, de Paul Verhoeven, un thriller psicolóxico.   

SINOPSE: 

Michèle, exitosa executiva dunha empresa de videoxogos, busca venganza  logo de ser asaltada de xeito violento na sua casa.  Isabelle Huppert acadou un Globo de Ouro como mellor actriz e foi nominada aos Oscar   

 O xoves, 14 de decembro, segundo xoves de mes, proxectamos Frantz, de François Ozon.  

 SINOPSE: 

Pouco despois da I Guerra Mundial, nunha cidade alemana, Anna vai todolos días visitar a tumba do seu prometido Frantz, que morreu na guerra en Francia. Un día descubre a un misterioso mozo francés deixando frores. A reación,  nun entorno de vencidos nesa guerra, é imprevisible.  

 O xoves, 11 de xaneiro, unha película iraniana, O Viaxante, dirixida por Asghar Farhadi. Unha parella ten que deixar o seu piso de Teherán. Cando se instalan noutro, un incidente relacionado co anterior inquilino cambiará radicalmente a súa vida.   

XA ESTÁ Á VENDA O BONO PARA AS CATRO PELÍCULAS AO PREZO DE 12 EUROS  

 O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario