29 de set. de 2017

A GUARDA

O CONCELLO CONVOCA A TODOS OS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS A UNHA REUNIÓN

O próximo xoves día 5 de outubro, ás 20:30 horas no salón de plenos da Casa Consistorial 

 Casa do Concello de A Guarda
Foto: Arquivo Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal ven de facer pública á seguinte información:

 Con motivo da próxima campaña de Nadal, dende o Concello da Guarda animamos a todos os establecementos comerciais da localidade a participar na reunión que terá lugar no salón de plenos da casa consistorial o próximo xoves, 5 de outubro, ás 20:30 horas. 

 A cita terá como tema principal o establecemento da programación das actividades durante a campaña de Nadal, a atención ás propostas dos comerciantes e a coordinación de todas as accións que se acometan nesta liña, co fin de dinamizar o comercio e favorecer o consumo na nosa localidade durante as festas.  

 Coñecedores da importancia das sinaladas datas para o noso comercio, con esta convocatoria ofrecemos a nosa colaboración na coordinación de todas as iniciativas que o sector desexe acometer na vila garantindo, ademais, que a campaña sexa tamén de gusto para os veciños, veciñas e visitantes que se acheguen á Guarda durante este Nadal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario