20 de set. de 2017

A GUARDA

As citas dispoñibles para a renovación do DNI esgotáronse para o que queda de ano  


Infogauda / A Guarda


 O Concello de A Guarda informa á cidadanía que as citas dispoñibles para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) no noso concello, ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo, esgotáronse para o que queda de ano.   

 A partir do mes de decembro e unha vez que se coñeza o novo calendario para o ano 2018, informaremos da apertura do prazo para a solicitude de novas citas. Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es 

Ningún comentario:

Publicar un comentario