3 de maio de 2017

TOMIÑO

A Universidade de Vigo organiza o vindeiro sábado (6 de maio), co apoio do Concello e da Sociedade Geológica de España, a excursión “Tomiño – Burato dos Mouro; O Rosal – As Bornas”, dentro do programa “Geolodía 17″  



Infogauda / Tomiño

 A Universidade de Vigo organiza o vindeiro sábado día 6 de maio, co apoio do Concello de Tomiño e da Sociedade Geológica de España, a excursión “Tomiño – Burato dos Mouro; O Rosal – As Bornas”, dentro do programa “Geolodía 17″. Oro entre o Miñor e o Miño. A febre mineira galaico-romana.  

 Os Geolodías pretenden achegar á sociedade tanto a Xeoloxía como a profesión do xeólogo. Consisten nunha excursión de campo guiada por xeólogos, totalmente gratuíta e aberta a todo tipo de público. Realízase en lugares interesantes pola súa contorna xeolóxica, e proporciónase unha información rigorosa a nivel divulgativo. É tamén unha maneira de sensibilizar á poboación sobre a importancia e necesidade de protexer o noso patrimonio xeolóxico.  

 É necesario apuntarse previamente premendo eiquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario