DIRIXIDA Á CORPORACIÓN MUNICIPAL DE OIA
O BNG LANZA NUNHA PLATAFORMA DIXITAL Á SEGUINTE PETICIÓN: CAMBIO DE NOME DA PRAZA DE JOSÉ SOLÍS RUÍZ POR PRAZA DA MATRONA XULIA SUÁREZ
Infogauda / Oia
Ademais de habelo feito polo conducto ordinario, e de dala a coñecer á cidadanía nos medios de comunicación social, agora, mediante a plataforma dixital change.org, o BNG de Oia solicítalle á Corporación Municipal de Oia a proposta de cambio de nomenclatura da praza de José Solís Ruíz polo nome de PRAZA DA MATRONA XULIA SUÁREZ.
Na súa petición o BNG afirma: "En virtude dos moitos anos que Xulia Suárez exerceu a profesión de matrona no Centro de Saúde de Oia, recollemos sinaturas en apoio desta petición como recoñecemento ao seu labor que sempre exerceu con profesionalidade, compromiso, dedicación, cariño e xenerosidade acompañando ás nais no proceso de xestación e de crianza dos seus fillos e fillas nun continuo labor que se desenvolveu máis alá da súa profesión".
Esta petición será entregada a: CORPORACIÓN MUNICIPAL DE OIA.

Ningún comentario:
Publicar un comentario