22 de ago. de 2016

TORROÑA (OIA)

ITV PARA VEHÍCULOS AGRÍCOLAS EN OIA 

Cristina Correa / Oia

 Este mércores día 24 de agosto de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 h., se ubicará unha Unidade Móbil en Torroña, que realizará a inspección técnica de vehículos agrícolas. 

 Como en anos anteriores, a Unidade Móbil se situará no campo da festa de Torroña. 

 Esta inspección é obrigatoria para tódolos vehículos agrícolas (tractores, remolques e máquinas autopropulsadas) cunha antigüidade superior a 8 anos e para aqueles cuxa  inspección non se atope vixente.   

 Para solicitar cita previa, pode facelo chamando ao teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario