O Sergas asina un convenio para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención sanitaria
O conselleiro de Sanidade na sinatura do convenio
Infogauda / Santiago de Compostela
O Servizo Galego de Saúde e o laboratorio Chiesi acaban de asinar un convenio marco de colaboración para a mellora da atención sanitaria, a través da promoción da investigación, a formación, a innovación ou a realización de estudos e intercambio de coñecemento científico e técnico.
O acordo posibilitará a promoción da investigación, así como a realización de estudos e o intercambio de coñecemento a nivel científico e técnico, coa finalidade de mellorar a atención e o servizo que o Sergas presta a todos os seus pacientes.
Con este fin, impulsaranse actuacións que impliquen aos axentes sociais e do ámbito da saúde para, deste xeito, establecer unha estratexia de actuación e dende a que se poida afianzar a sustentabilidade do sistema sanitario.
Para a materialización dos proxectos en desenvolvemento obxecto deste convenio -asinado hoxe polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e os representantes de Chiesi- deberán asinarse acordos ou convenios específicos de colaboración, nos que se recollerán, entre outros temas, o obxecto e condicións técnicas dos proxectos; e os seus aspectos xurídicos, temporais e de vixencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario