10 de out. de 2015

A GUARDA

UN TRAMO DA RÚA REPÚBLICA DOMINICANA CARECE DE BEIRARRÚA

Súa dotación é necesaria para ofrecer máis seguridade os peóns

Vista parcial da rúa República Dominicana, onde se aprecia un tramo da mesma sen beirarrúa nunha das súas marxes
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 As veces, moitas máis das que sería desexable, semella que algúns cárregos públicos non teñen á sensibilidade necesaria como para ostentar ás responsabilidades públicas que lles corresponde no desempeño dos seus cometidos políticos. Se tivesen á sensibilidade que lles é esixíbel no ámeto das súas competencias, probablemente xa terían atendido á lexítima demanda que verbalmente lles foi manifestada por parte de quen considera que cando se trata, como neste caso, de seguridade viaria, tódolos esforzos, serán recompensados con creces, o evitar riscos innecesarios para os peóns. Referímonos, como se pode deducir, a vista da fotografía que acompaña este comentario, a un tramo da rúa República Dominicana, comprendido entre o inmoble sinalado co nº 54 e o comezo da rúa Transversal Brasil, que desde fai moítisimos anos, carece de beirarrúa, na marxe dereita dese vial. E iso, a día de hoxe, co tráfego que soporta esa estrada, conleva un risco para os peóns que se pode evitar. É máis, que se debe evitar. Urxe pois, que se adoiten ás medidas necesarias para a dotación, máis cedo que tarde, dese tramo de beirarrúa da cal carece a Rúa República Dominicana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario