22 de ago. de 2015

OIA

TRIBUNA ABERTA

INFORMACIÓN O POBO DE OIA


José Manuel Romero Martínez
 Portavoz Adxunto de Converxencia Galega
        
 O abaixo, asinante, en representación da agrupación e do Grupo Municipal de Converxencia Galega, queremos manifestar o noso punto de vista sobre como está a situación política neste momento no noso concello, dada cantidade de información que está circulando entre o vecindario, e tamén dar resposta a todos/as aqueles/as que nos preguntan a diario, ¿Cómo está a “cousa” no Concello?

 Queremos deixar claro, que nin por activa nin por pasiva, dende a toma de posesión do cargo de concelleiros, nós non temos mantido ningún tipo de conversación con ninguén, e como dí o refrán, “dous non falan, si un non quer” Iso é o que hai.

 Pensamos que é bó recordar, que sin a presencia de Converxencia Galega e o seu voto na elección da máxima autoridade, en Oia seguiría gobernando o mesmo partido de sempre, si hubo un cambio, foi porque así o decidiu o voto dos concelleiros deste partido, pero, desgraciadamente, estamos vendo que o único cambio foi de persoa, xa que as actitudes son similares.

 Si hai un goberno en minoría, é porque así o teñen decidido algúns e non teñen feito ningunha xestión por arranxar a situación, está claro que compartimos a opinión que expresan bastantes veciños/as de que non se pode seguir moito tempo así, xa que está perxudicando os intereses dos/as oienses/as.

 Dende Converxencia Galega, temos claro que máis pronto que tarde, é unha necesidade tomar algunha decisión, pero é preciso que se faga primeiro un análise profundo da situación e de ser posible en poñerse a buscar a mellor alternativa para os intereses de Oia, namentras, nós, seguiremos falando cos/as veciños/as, e dando tódolas explicacións que sexan necesarias para que a información que teñan sexa contrastada con toda aquela que lles chegue dende outros grupos sociais ou políticos, pero, reiteramos, o tempo sigue avanzando e iso vai contra os intereses de Oia.

 Nós estamos abertos a falar con quen sexa, pero con luz e taquígrafos, e ca representación que nós decidamos en calquer momento e en calquer foro, sin presións e sin coacións, na defensa dos intereses do pobo en xeral.
              
Oia, a 21 de Agosto do 2.015        


José Manuel Romero Martínez
 Portavoz Adxunto de Converxencia Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario