O Centro Cultural e a Comunidade de Montes de Peitieiros celebran este venres a Festa do Lombo do Roxás para os asociados e comuneiros
Centro Cultural e Recreativo Peitieiros / Gondomar
Este venres 15 de agosto o Centro Cultural e a Comunidade de Montes de Peitieiros organizan conxuntamente a festa da veciñanza de Peitieiros, denominada "Lombo do Roxás".
Esta festa vénse celebrando conxuntamente desde hai case unha década, facendo confluír a Festa da/o socia/o e a Festa da/o comuneira/o que cada entidade celebraba por separado.
A Festa celebrarase na área de recreo de Peitieiros que recibe o nome de Lombo do Roxás, e de aí o nome da festa.
A festa iniciarase coa homenaxe aos socios e comuneiros falecidos para continuar cuns pinchos para asociados e comuneiros. Xa pola tarde, haberá animación, sorteos e, ás 19:30, a actuación do actor e monologuista Avelino González, o popular Miñato da serie Padre Casares, director do espectáculo Pelos na lingua de Talía teatro, entre outros, que conta con varios premios María Casares á tradución, texto orixinal (por Bicos con lingua) e actor secundario e o premio Max polo texto de Pelos na lingua. Avelino González é, actualmente, o presidente da Asociación de actores e actrices de Galiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario