A PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DO BAIXO MIÑO REALIZARÁ UN ACTO DE PROTESTA DIANTE DO CONCELLO DE TUI
- Será o xoves día 14 de agosto, dende ás 11:30 até ás 12:30 horas
Afectados polas preferentes e subordinadas na manifestación do pasado mes de xuño - Foto: José Luis García Portela
Dende a Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño comunicamos que o vindeiro xoves 14 de agosto realizaremos un acto de protesta diante do Concello de Tui con motivo do pagamento das sancións administrativas, impostas ao colectivo coa intención de amedrentar aos afectados, e sendo nos reiteradamente reprimidos, que nos vemos na obriga de afrontar con preto de 7.100,00€ para poder emprender os correspondentes recursos por vía xudicial e así demostrar a represión que dende o Concello de Tui se está a levar a cabo cos preferentistas.
A concentración será, diante do Concello de Tui, o vindeiro xoves día 14 de agosto, na Praza do Concello, dende ás 11:30 até ás 12:30 horas.
Porén facemos un chamamento a toda á sociedade para que na medida das súas posibilidades acodan en apoio á esta convocatoria de concentración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario