13 de ago. de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

A PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DO BAIXO MIÑO RELEMBRA QUE ESTE XOVES DÍA 14 DE AGOSTO, HABERÁ UN ACTO DE PROTESTA DIANTE DO CONCELLO DE TUI

Afectados polas preferentes e subordinadas, dirixíndose o concello de Tui nunha concentración anterior - Foto: José Luis García Portela


 Dende a Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño relembramos que este xoves día 14 de agosto, realizaremos un acto de protesta diante do Concello de Tui con motivo do pagamento  das sancións administrativas (que serán abonadas  na entidade de Abanca, sita na rúa Augusto Besada de Tui, ás 11:00 h.), impostas ao colectivo coa intención de amedrentar  aos afectados, e sendo  reiteradamente reprimidos.

 Vémonos na obriga de afrontar  preto de 7.100,00 € para poder emprender os correspondentes recursos por vía xudicial para así poder demostrar a nosa inocencia. Posteriormente, a concentración será, diante do Concello de Tui dende ás 11:30 até ás 12:00 h..

 Porén facemos un chamamento a tódala sociedade, colectivos, grupos políticos, sindicatos, etc., para que na medida das súas posibilidades acodan en apoio á  esta convoactoria de concentración.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario