21 de ago. de 2014

A GUARDA

"A VOZ QUEBRADA"
DA MEMÓRIA HISTÓRICA E O TERROR FASCISTA
por Xosé María Álvarez Cáccamo

Venres 22 de agosto, ás 20h, apresentaçom do livro no Centro Social Fuscalho

C. S. Fuscalho / A Guarda

Esta sexta 22 de agosto, no Fuscalho, teremos com nós a Xosé María Álvarez Cáccamo, apresentando o seu livro "A VOZ QUEBRADA, DA MEMORIA HISTORICA E O TERROR FASCISTA". 

Da obra:

Tirando da “memoria de poeta” en palabras de Xosé Manuel Beiras, prologuista do libro, Cáccamo percorre dende as súas vivencias como membro dunha familia de represaliados, os tempos do terror franquista dende a sublevación do 36 até a morte do ditador. Período histórico marcado pola execucións tras xuízo sumarísimo do seu avó, o médico republicano de Tui, Darío Álvarez Limeses e o asasinato de Alexandre Bóveda, sobriño deste. O sufrimento familiar continuou co desterro do seu pai Xosé María Álvarez Blázquez e á cadea do seu tío, Darío Álvarez Blázquez. “En Tui –sinala o autor- unha voz bestial pronunciou esta sentenza: <>, a miña”

Ningún comentario:

Publicar un comentario