8 de ago. de 2014

A GUARDA

¡¡MENUDA TARXETA DE VISITA!! 

Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda

Calquer persoa, veciño/visitante que acude a nosa localidade, especialmente si ven ata o Concello ou si por cuestións relixiosas acude a igrexa parroquial, pode atoparse cunha demostración máis da deixadez, abandono e irresponsabilidade do Equipo de des-Goberno Municipal do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, pero co asesoramento “especial” de “canto pior, millor”, das diversas fraccións que se disputan o relevo na candidatura do vindeiro ano, que cada vez disimulan menos os seus manexos, e pretenden ocupar a cabeza da lista electoral, ou polo menos poñer a quen sexa máis afín os seus intereses, deixando de lado as obrigas que teñen para cos/as guardeses/as, provocando ca súa actitude a imaxe de incapacidade, e de desilusión por levar a diante un proxecto, que hoxe en día está esgotado. 



   Os olores existentes a can, gato e humano, ben sexa de orina ou a veces de vómito, restos de refrescos e licores, restos de comida e chucherías que dende  alí se desprende nas dúas praciñas a veira da igrexa parroquial, xunto ca suciedade día pública ou a “decoración” floral que alí atopamos, falan, e non para ben de situación que está atravesando A Guarda.


   Deixar claro que, por unha banda, a culpa non é dos empregados/as senón de quen ten que planificar as intervencións e cobra por iso, Sr. Concelleiro de Servicios, e por outra banda, todos temos claro que a limpeza non é somentes con auga, senón que hai que usar outros productos, pois do contrario, ca cantidade de chuvia que nos cai, teríamos o pobo máis limpo do país. 


   Dende Converxencia Galega, consideramos que neste, como en moitos dos casos que vimos sinalado, non poden disculparse por iñorancia, xa que pasan polo lugar varias veces o día, o que sucede é que non patean as rúas, usando e abusando dos vehículos municipais, e por elo non notan visual e olfativamente, o que acontece en diversos lugares do noso pobo. 



   Seguimos insistindo que unha imaxe vale máis que mil palabras, polo que creemos que con estas fotografías está todo dito, a bó entendedor, poucas palabras valen, iso é o que dí o pobo, que é moito mais astuto que algúns dos profetas e mesías da escuadra afundida do PSOE. 

A Guarda, a 1º de agosto do 2.014    

Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” 
Responsable Local de Converxencia Galega      

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

1 comentario: