- A Serra da Groba ameazada por unha nova explotación aurífera.
- Curso de cestería organizado pola Asociación Chandebrito 1807.
- “Unha volta polo mundo”, exposición fotográfica na escola de preescolar de Chandebrito.
- O Centro de Información á Muller abre inscricións para un curso de Office en Gondomar
- Derrube parcial do teito do Auditorio Lois Tobío de Gondomar por mor das choivas e o vandalismo.
- Unha entulleira municipal volve a espertar as críticas polo Punto Limpo en Nigrán
- Obradoiro de xoguetes musicais na cooperativa Nornas Hostel en Gondomar.
- Curso de empaquetado creativo en Baiona.
- A poetisa Marta Dacosta presentou “Reivindicando a Rosalía” no Café Rañolas de Gondomar.
- Gondomar coñecerá ao seu primeiro “praceiro ou praceira” favorito este venres
- Nigrán recibe o ingreso da subvención para as duchas pre-pago para as praias
- O PSOE considera irresponsabe a publicación dun documento bancario do concello
Posted: 11 Apr 2013 02:57 PM PDT
A febre do ouro ameza a Serra da Groba. Un novo proxecto de minería aurífera quere aterrar no enclave na parroquia de Pinzás (Tomiño) no límite con Gondomar. A empresa Medgold conta xa cun permiso de exploración. A zona afectada conta con numerosos xacementos paleolíticos, megalíticos e calcolíticos, entre eles os xacementos arqueolóxicos de Chan do Cereixo e a mina romana do Burato dos Mouros. A empresa ten sede en Vancuver e Londres.
A empresa canadiana Medgold acaba de recibir o visto e prace para comezar novas exploracións en busca de ouro na parroquia de Pinzás, en Tomiño, un concello gobernado polo BNG.
Segundo apunta a compañía nun comunicado, o pasado 15 de marzo "completouse o proceso de solicitude" de tres licencias, tras pagar todos os "impostos correspondentes". Isto implica que xa conta cos permisos da Xunta. A área a analizar abarca 79 quilómetros cadrados, que non están suxeitos a licitación pública, aínda que a empresa agarda tamén aumentar as prospeccións a outros 14 quilómetros.
Os traballos de investigación en Pinzás comezaron en 2005 cando esta empresa recolleu mostras de rochas nas que había restos de ouro. De feito, baseáronse nos traballos previos doutra empresa na década de 1980. Medgold recolleu 21 mostras de rocha nas áreas de solicitude dos permisos.
"Pinzas Gold Project"
Por iso decidiu presentar un proxecto de licitación para o seu "Pinzas Gold Project". "Contén moitas mostras de ouro polo que promete ser altamente interesante", sinala . O seu presidente, Dan James, destaca que este proxecto marca a súa entrada en España. Actualmente, xa están traballando en varias minas en Portugal e Italia.
"Cremos que toda a rexión é altamente prospectiva. Identificamos unha zona de 14 quilómetros deformación lineal, con múltiples vetas de ouro. Agora queda rematar coas licencias das autoridades mineiras provinciais para poñer a proba o potencial desta área e identificar novos obxectivos" destaca Dan James.
A xeografía e as evidencias atopadas en Pinzás son moi semellantes ao do proxecto que Medgold iniciou en Boticas, Portugal, situada a 100 quilómetros de Tomiño, no noroeste de Portugal.
Mina Romana
Na área estudada por esta empresa atópase a mina de ouro romana máis importante da provincia de Pontevedra. Cunha extensión dun quilómetro e medio e 300 metros de ancho este xacemento denominado "O burato dos mouros" está catalogado como ben patrimonial pola Xunta de Galicia. Ademais foi xa analizado polo Instituto Geológico y Minero de España (IGME).
Na zona atópanse ademais varias mámoas tamén protexidas. A parroquia de Pinzás conta, ademais, con varios xacementos calcolíticos e paleolíticos. Algúns deles, como os do Chan do Cereixo, xa estudados,revelaron importantes achados.
Proxecto urbanístico fracasado
Precisamente, esa fermoso paraxe -que se conserva aínda case virxe- estivo en perigo hai uns anos cando unha empresa inmobiliaria pretendía realizar un macroproxecto urbanístico que afectaría a dous millóns de metros cadrados de monte protexido. Nunha parroquia na que viven 200 persoas queríase construír 800 chalés e un complexo polideportivo con dous campos de golf. A inversión estimada era de 37,8 millóns de euros.
Aínda que o proxecto contaba coa pertinente licenza da Xunta de Galicia -daquela en mans do PP de Fraga-, finalmente, a oposición veciñal e do Concello fixo inviable ese megaproxecto.
Quen é Medgold?
Esta empresa, ten sede en Vancuver e Londres. A súa estratexia pasa por converterse na empresa exploradora de ouro líder na área mediterránea, grazas aos proxectos que ten en Boticas e Vila de Rei, en Portugal; Pietratonda, Frassine e Grasceta, en Italia e os que ten previsto realizar en Galicia.
|
Posted: 11 Apr 2013 04:23 PM PDT
A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", convoca un novo curso avanzado de cestería a cargo do mestre cesteiro Rubén Berto Covelo. O curso comezará o luns 22 de abril e se desenvolverá no seu local social, na escola de preescolar da parroquia de Chandebrito, durante oito luns consecutivos en horario de 18.30 a 21.30 horas.
Os interesados en participar neste novo curso poden inscribirse chamando ao móbil 667380223 ou indicando os seus datos persoais no enderezo de correo-e: chandebrito1807@gmail.com . Farase un único grupo de entre 6 e 10 persoas por rigoroso orde de inscrición. Ao igual que nos cursos de iniciación, ao remate desta actividade entregaráselle aos participantes o correspondente diploma acreditativo.
|
Posted: 11 Apr 2013 04:14 PM PDT
Este fin de semana pasado, a Asociación "Chandebrito 1807" inaugurou unha exposición de fotografías tomadas por dous veciños da parroquia de Chan de Brito, que permanecerá aberta durante dous meses no baixo da escola de preescolar de Chandebrito, e que se poderá visitar os luns de 17.00 a 19.00 horas, os mércores de 19.30 a 21.30, ou ben chamando ao teléfono 667 380 223.
Trátase dunha escolma de 240 fotografías de entre máis de tres milleiros realizadas por Antón Amorín, nas visitas a 13 países entre os anos 2002 e o 2013: Cuba, Exipto, China, Rusia, Siria, India, Italia, Etiopía, República Checa, Togo, Benin, Marrocos e Turquía. Baixo o título de "Unha volta polo mundo", nas imaxes pódense contemplar as paisaxes, os monumentos e a vida cotiá das persoas que habitan diversos pobos deses países.
|
Posted: 11 Apr 2013 04:29 AM PDT
- Desenvolverase entre os días 2 e 30 de maio
-As inscricións, de carácter gratuíto, poderanse formalizar ata o 25 de abril nas dependencias do CIM
O Centro de Información á Muller (CIM), pon en marcha un novo curso de OFFICE que contará con 60 horas de duración e no que se abordarán os programas que compoñen o coñecido paquete de aplicacións: Word, Excel, Acces e Power Point.
Esta acción formativa, que se desenvolverá desde o día 2 ao 30 de maio, é totalmente gratuíta e está dirixida principalmente ás mulleres desempregadas do municipio. O prazo de inscrición finaliza o próximo día 25 de abril.
A matrícula poderase formalizar nas dependencias do CIM, na Casa da Cultura de Gondomar, os días martes, mércores ou xoves
|
Posted: 11 Apr 2013 03:52 AM PDT
O concelleiro de Vías e Obras de Gondomar, Jesús Salgueiro, denuncia que a construción estaba deteriorada por actos vandálicos acontecidos días atrás, o que sumado as fortes choivas provocaron que unha parte do teito se derrubase causando danos e inundacións no interior da aula do Conservatorio.
Dende o Concello de Gondomar sinalan que xa deron parte á compañía de seguros para o posterior arranxo da devandita aula. Ao mesmo tempo, sinalan que a reparación do estado da cuberta xa levouse a cabo co fin de que os nenos puidesen retomar as súas clases canto antes.
Jesús Salgueiro declarou que o incidente se produciu debido ao deteriorado estado do teito da construción que, días atrás, fora obxecto de diversos actos vandálicos. En concreto, denuncia que “rompéronse 50 tellas” o que "deteriorou o estado da cuberta e contribuíu a que non soportase as fortes chuvias", explicou.
|
Posted: 10 Apr 2013 08:24 PM PDT
Os socialistas de Nigrán denuncian a imaxe e o estado dunha entulleira ao carón da depuradora de Nigrán onde se cumulan restos de entullo de obras, podas e tuberías.
González tira de hemeroteca para recordar os compromisos electorais do alcalde, Alberto Valverde, de construir un Punto Limpo en Nigrán no primeiro ano de mandato.
“O único Punto limpo que existe en Nigrán é a escombreira municipal a carón do Río Muíños que se converte nun gravísimo problema medio ambiental”, nestes termos referiuse Juan González en relación á situación do proxecto de contrucción do futuro Punto Limpo en Nigrán, un proxecto que se arrastra dende o mandato de Efrén Juanes e que non termina de avanzar pese aos contínuos anuncios da administración local.
O PSOE denuncia desta volta o estado dunha finca particular situada na contorna da depuradora municipal, e que acumula importantes restos de podas, entullo e tuberías. González sinala que os empregados muncipais, "baixo ordes directas do alcalde e do Concelleiro de Vías e Obras" están convertindo a finca nun inmenso vertedoiro á beira do río Muiños, onde se invertiron e se está a invertir unha importante suma de diñeiro para a súa recuperación como zona de paseo.
As críticas do PSOE van directas ao proxecto de construcción do Punto Limpo de Nigrán, que segundo sinalan "segue sen saberse onde está" pese a que en febreiro de 2012 o alcalde sinalara que o proxecto estaría listo en 10 días para a súa licitación.
O PSOE esixe a Valverde "que non siga a converter Nigrán no exemplo de como non se deben facer as cousas en materia medio ambiental e que proceda de xeito inmediato a retirada e selado de este vertedoiro ilegal e para maior desgraza municipal."
Os verquidos municipais
En novembro de 2011 o problema dos vertedoiros incontrolados no municipio de Nigrán foron motivo de disputa política entre goberno e oposición. Casos como o vertedeiro da Mámoa en Priegue remataron con varias denuncias ante o SEPRONA, co agravante de que o autor dos feitos fose a propia administración local que non parece aplicar as mesmas medidas de protección e salubridade que esixe ao resto de cidadáns.
A denuncia deste vertedoiro tivo resposta por entonces dende o goberno municipal quesinalaba en 2011 que o entullo atópabase "de forma transitoria" neste lugar con permiso do seu propietario á espera de ser procesados na planta privada que fai de punto limpo de momento na zona da Xunqueira. Planta que tamén se atopa a carón dun río, O Miñor. Por outra parte, informaba que a administración local non paga nada ao propietario do eido de Canido, por acordo mútuo. Nembargantes, o Concello debe pagar polo procesado do lixo á empresa privada da planta da Xunqueira.
Ano e medio despois destas declaracións, o entullo segue acumulándose na zona e a propia vexetación estase encargando de facelo desaparecer tamizado entre a foresta da zona..
|
Posted: 11 Apr 2013 01:12 AM PDT
- O obradoiro terá lugar o día 14 de Abril de 11:30 a 14:00 horas.
- Para inscribirse hai que chamar ao 986363604 ou ben enviar un mail a info@nornashostel.com
A maquinaria de Cé Orquestra Pantasma fará unha parada en Nornas Hostel (Gondomar) para transmitir todos os seus coñecementos a cativos e cativas que queiran converterse en auténticos nenos e nenas orquestra. A sesión dividirase en dúas partes: un obradoiro de construción de xoguetes sonoros e un concerto trangalleiro.
Di Cé na súa páxina web que "O apaixoante mundo dos instrumentos musicais non escapou ao reemprego de materiais e obxectos cotiás: a Orquestra Pantasma tampouco. Ela, como feito en si mesma de reciclaxe e transformación, aproveita o seu saber para compartilo, buscando a musicalidade a través de recursos tanto naturais (canas, noces, avelás...) coma de refugallo ( chapas, tubos caixas...) para transformalos en verdadeiros instrumentos musicais."
Despois de descubrir como transformar a nosa vida cotiá en música, se poderá gozar dun concerto musical.
O prezo por neno ou nena é de 15 euros (faranse descontos para irmáns). O obradoiro terá lugar o día 14 de Abril de 11:30 a 14:00. Para inscribirse hai que chamar ao 986363604 ou ben enviar un mail a info@nornashostel.com
|
Posted: 11 Apr 2013 12:56 AM PDT
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Baiona, organiza un obradoiro de Empaquetado Creativo para mozos e mozas empadroados en Baiona de 8 horas de duración.
A actividade terá lugar os días 22, 26, 29 de abril e 3 de maio de 2013 en horario de 18 a 20 h. no Centro Multiusos Ángel Bedriñana (Praza de Abastos) de Baiona, e terán preferencia os mozos e mozas ata 35 anos. As persoas que superen a idade ou procedentes doutros concellos poderán formar parte da lista de agarda.
Prezo: 5 €, e para os titulares do Carné Xove 2,5 €
Solicitudes ata o 19 de abril de 2013 ou ata agotar as prazas dispoñibles. Material incluído.
Máis información e inscricións na OMIX (2º andar da casa do Concello), ou no teléfono 986385925.
|
Posted: 11 Apr 2013 12:44 AM PDT
Este venres 12 de abril a partir das 20 horas tivo lugar o recital poético "Reivindicando a Rosalía" no Café Rañolas de Gondomar. A actividade está organizada pola Asemblea de Mulleres Galiza Nova e contou coa presenza da escritora Marta Dacosta.
Ademais do recital poético tiveron lugar actuacións musicais ao longo da tardiña.
|
Posted: 11 Apr 2013 12:29 AM PDT
-O próximo sorteo será o 3 de maio
-Mañá venres, día 12, ás 13:00 horas, terá lugar o primeiro sorteo da campaña da Dirección Xeral de Comercio de la Xunta de Galicia "Presume de Praceiro/a".
Neste sorteo, que se realizará na Praza de Abastos do Concello de Gondomar, premiarase a tres usuarios do mercado con vales de 75, 50, e 25 euros para comprar na propia Praza de Abastos do municipio.
Segundo informa o Concello, o mellor "praceiro" ou "praceira" de Gondomar sairá do reconto de todos os votos vendo recoñecida a súa profesionalidade e dedicación.
Unha vez realizado o sorteo se procederá ao baleirado da urna dos votos , abríndose outro prazo para un novo sorteo que se realizará o 3 de maio e que contará con outros tres novos premios.
A campaña forma parte dunha estratexia da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para potenciar as prazas de abastos locais.
|
Posted: 10 Apr 2013 08:00 PM PDT
O documento foi feito público onte polo concello a través dun comunicado onde se precisaba que o ingreso percibido responde á firma dun convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinado o pasado mes de agosto para a instalación do sistema de pre-pago para as duchas públicas dos areais de Nigrán.
O xeito de publicación da noticia espertou as críticas do PSOE pola publicación dos datos bancarios do concello. González considerou unha irresponsabilidade o xeito da publicación do documento e reafírmase na súa denuncia ante a fiscalía sobre unha presunta irregularidade no contrato.
O Concello de Nigrán recibiu onte o ingreso de Augas de Galicia por valor de 59.807,88 euros que financiará a posta en marcha do "sistema intelixente de aforro de auga" para as duchas públicas dos areais do concello. O goberno municipal firmou un convenio de colaboración o pasado mes de agosto coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para sufragar os gastos da instalación do novo servizo.
“Este documento demuestra la difamación llevada a cabo por los grupos de la oposición, que acusaban a este gobierno de realizar una contratación irregular, que llevaría a esta administración a asumir el pago de las nuevas duchas”, sinala o rexedor municipal, Alberto Valverde. Neste sentido, Valverde subliña tamén a súa incompetencia, "que en todo momento han hablado de pérdida de subvención cuando esta iniciativa es resultado de la firma de un convenio de colaboración con la MATI, no de la solicitud de una subvención", engade no comunicado.
Valverde insiste en que existe un informe elaborado polo técnico de contratación que ratifica a legalidade do proceso. “El plazo límite inicial para la instalación de las duchas fue postergado en dos ocasiones, tal y como recoge dicho informe, por lo que no ha habido incumplimiento ni por parte de la empresa, Beach Trotters, ni por parte de la administración, circunstancias ambas que se confirman con el ingreso realizado hoy por parte del organismo autonómico”.
O rexedor municipal non acepta as crícticas da oposición e denuncia abertamente a súas formas de facer política da oposición, "una oposición que basa su que hacer diario en la mentira, la manipulación y la demagogia, en lugar de trabajar por y para las personas que los han colocado donde están ...que es por y para lo que están aquí, no para engañarlos o generar desconfianza al intentar desacreditar sin fundamentos ni base alguna a este gobierno".
O concello aporta agora alguns datos sobre o suposto aforro do sistema. "a posta en marcha deste sistema permitirá aforrar até un 60%, reducindo o consumo de auga nas duchas das praias duns 7.500 metros cúbicos anuais até 3.000. "Esta iniciativa medioambiental no solo permitirá el ahorro de uno de los recursos naturales más valiosos y escasos, el agua, sino que fomentará un uso racional y eficiente del mismo, generando una concienciación colectiva sobre el ahorro del agua", explica Valverde.
|
Posted: 10 Apr 2013 02:31 PM PDT
As duchas pre-pago seguen sendo motivo de discusión entre goberno e oposición. Recentemente o PSOE de Nigrán denunciaba un presunto fraude na contratación e manifestaba ter inciada unha denuncia ante a fiscalía ante o informe negativo de intervención, feito que foi desmentido polo alcalde de Nigrán que asegurou que a contratación conta con todos os avais técnicos e xurídicos, e engadiu que a sua financiación por parte de Augas de Galicia non corría perigo pese a superar o prazo inicial do mes de decembro de 2012.
Co xeito de demostrar o ingreso feito efectivo por parte de Augas de Galicia, o alcalde Alberto Valverde fotografouse sostendo unha copia do estado da conta bancaria da administración local. No mesmo documento aparece o ingreso de 59.807,88 euros provenientes da Xunta de Galicia por mor do convenio asinado por ambas as dúas administracións cara a abonar os gastos da instalación.
A fotografía remitida dende o concello tamén incluía unha copia do documento que facía público o nome do banco, o número de conta, o apunte bancario de Aguas de Galicia así como o saldo positivo do Concello de Nigrán. O erro espertou as críticas do PSOE que cualificou como unha “auténtica irresponsabilidade”, por parte do alcalde. “Alberto Valverde non é consciente do risco que pode supoñer facer públicos deste xeito as contas da entidade municipal que non é mais que as contas de todos os veciños e veciñas de Nigrán” alertou o concelleiro socialista Juan González unha vez que a fotografía tomara estado público.
A oposición teme o uso fraudulento dos devanditos datos bancarios, que xa teñen un antecedente recente no baleirado, por parte de “hackers”, da conta bancaria do Concello deCerdedo no pasado mes de outubro. Tamén a domiciliación fraudulenta de recibos é outra acción moi denunciada por parte de persoas que foron obxecto destas estafas e que facilitaron os seus datos bancarios por teléfono para a contratación de servizos inexistentes.
O PSOE mantense firme na irregularidade do contrato
"Será la Fiscalia la que finalmente determinara si Alberto Valverde realizó una contratación legal, tal como el indica, o irregular tal como consideramos desde la oposición y como así opinan los técnicos municipales que con sus informes advertían y advierten a Alberto Valverde". Segundo sinala González, o feito de que Augas de Galicia tivera ingresado unha subvención a pesar de que o convenio explicitara a condición de que estiveran instaladas antes do 31 de decembro de 2012, "viene a demostrar el doble rasero que utiliza la Xunta de Galicia a la hora otorgar subvenciones, a la hora de justificarlas y la la hora de abonarlas ya sean ayuntamientos gobernados por el Partido Popular o por otros grupos políticos."
Fonte: valmiñor.info
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario