12 de abr. de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 10 Apr 2013 10:16 AM PDT
fernando-guitian-alcaldia
A Xunta valida 8 licenzas outorgadas polo Concello de Gondomar en Vilaza entre os anos 2006 e 2007.

-Así o recoñecía Fernando Guitián despois de manter unha reunión coa directora do organismo autonómico
- A APLU abría expediente, en outubro do pasado ano, contra seis chalés e dúas parcelacións por considerar que se encontraban en chan rústico
Seis meses despois de que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) denunciase o estado de oito licenzas urbanísticas no barrio de Vilaza, o alcalde Fernando Guitián deu a coñecer nesta xornada que, finalmente, estes permisos serán considerados como válidos. Así o expresou logo da reunión que mantivo coa directora do organismo autonómico, María Martínez Allegue, na que tamén estiveron presentes veciños propietarios da zona.
En outubro do pasado ano, a APLU, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, abría expediente de reposición de legalidade contra seis chalés e dúas parcelacións no barrio de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza. A notificación alegaba que as devanditas vivendas se encontraban en chan rústico e recordaba que, debido á anulación do PXOM do 97, só se permitía a edificación en chans urbanos consolidados.
Despois de seis meses e tras numerosas alegacións dos veciños afectados e informes elaborados polo Concello de Gondomar que demostraban a legalidade das construcións, a APLU afirma que non continuará adiante coas denuncias e que, finalmente, as licenzas serán consideradas válidas; noticia que causou unha grande alegría entre os veciños.
Fernando Guitián recoñece que "o goberno municipal sempre estivo ao lado dos veciños afectados e fixo todo o posible para que finalmente se chegase a este desenlace".
 
Posted: 10 Apr 2013 12:51 AM PDT
Oferta de emprego no Camping o Muiño en Mougás - Oia
O Camping 1ª o Muiño situado na parroquia de Mougás, no concello de Oia, demanda para esta temporada 10 postos de traballo.

Os 10 postos de traballo repártense en: 1 Socorrista (Ref.SOC) , 3 postos de limpeza (Ref. LIM), 3 postos de recepción(Ref. REC), 1 monitor de animación e tempo libre (Ref. ATL), 1 posto de xardineiro/a (Ref. JAR)  e 1 posto de vixiante (Ref. VIG).
Os interesados poden enviar os seus curriculums oa enderezo empleo@camping-muino.com indicando nos asuntos das mensaxes as referencias para as que solicitan o posto.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario