11 de abr. de 2013

ENSINO




A PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO PECHARASE MAÑÁ VENRES 12 NO IES DA SANGRIÑA, A GUARDA CONTRA A LOMCE E OS RECORTES
DATA: 12 de abril
HORA: 17:45 horas
LUGAR: IES A Sangriña
Teléfono de contacto: 678477979

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público iniciará mañá 12 de abril no IES A Sangriña da Guarda os peches rotatorios en contra da LOMCE e os recortes no ensino público. Os medios de comunicación poderán tomar imaxes e declaracións dos participantes a partir das 17:45 horas da tarde. O peche manterase até as 10 da mañá do día seguinte.
Os peches organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realízanse de xeito rotatorio ao longo de todo o mes de abril nas seguintes datas e lugares:

-         9 de abril: SANTIAGO (IES Rosalía de Castro)
-         10 de abril:  A Coruña (IES Menéndez Pidal)
-         11 de abril Carballo (IES Alfredo Brañas)
-         11 de abril Ferrol (CIFP Ferrolterra)
-         12 de abril A Guarda (IES A Sangriña)
-         15 abril  Carballo (IES Alfredo Brañas)
-         15 abril Cangas (IES Rodeira)
-         16 de abril LALIN (CEIP Xesus Golmar)
-         17 abril LUGO (IES As Mercedes)
-         18 abril  VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)
-         22 abril Burela (IES Monte Castelo)
-         22 abril OURENSE (Xefatura territorial)
-         23 abril Cambados (IES Ramón Cabanillas)
-         24 abril Ribeira (IES Nº 1)
-         24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo)
-         25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio)
-         26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)
Estes peches teñen como obxectivo amosar o rexeitamento da comunidade educativa no seu conxunto ao anteproxecto de LOMCE e a política de recortes coa que o PP teima en castigar o ensino público galego (Achegamos manifesto da Plataforma).

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
A Guarda, 11 de abril  de 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario