Recibiron axudas “Avelaíña” para un taller de habilidades; “San Xerome Emiliani” para o proxecto “Dar Vida á Vida”; Érguete para un plan de incorporación social; e “Samaritanas” para gastos de funcionamento
O DEPUTADO PABLO
BAQUERO ENTREGOU COLABORACIÓNS POR IMPORTE DE 24.828 € A ENTIDADES SOCIAIS DO
BAIXO MIÑO E DO VAL MIÑOR
O deputado provincial, Pablo Baquero,
fixo entrega de cinco colaboracións económicas da Deputación de Pontevedra a
colectivos que prestan servizos de asistencia social e benéfica. As
colaboracións entregadas suman un total de 24.828 euros.
Concretamente, a Asociación axuda ó
enfermo mental Avelaiña recibíu unha subvención de 3.400 euros que Terán por
obxecto o financiamento dun taller de habilidades sociais e integración das
persoas con enfermidade mental crónica.
A misión da Asociación Avelaíña consiste en reforzar a integración das
persoas con enfermidade mental nas bisbarras do Baixo Miño, promovendo a
mellora da calidade de vida e a da súa familia. Compre salientar dentro
dos seus obxectivos pretenden informar, educar e sensibilizar sobre a
enfermidade mental; ofrecer apoio e solidariedade entre as familias afectadas;
facilitar a reintegración social e fortalecer e impulsar a formación
profesional para as persoas con enfermidade mental
Pola súa banda a Asociación San xerome
Emiliani recibíu 6.000
euros destinados ó proxecto “Dar vida á vida”. Compre salientar que esta
entidade con máis de 30 anos de traxectoria desenvolve unha importante labor
encamiñada á normalización e integración das persoas con minusvalía psíquica.
O deputado provincial, Pablo Baquero,
tamén fixo entrega de 6.000 euros á Asociación Érguete que foron destinados a
un programa de Incorporación Social e Laboral. Érguete desenvolve o seu labor
no ámbito dos problemas derivados do uso e consumo de substancias tóxicas, así
como entre os colectivos con escaseza de recursos no que se refire á
integración social e laboral. A Asociación impulsa diversos programas dirixidos
á orientación, formación, educación/reeducación e á prevención, e ó apoio das familias e usuarios afectados
ofrecéndolles axuda terapéutica e social.
Finalmente, a Deputación concedeulle á
Fundación samaritanas de A Guarda unha colaboración por importe de 4.428 euros
enmarcada dentro das axudas de urxente necesidade. Compre salientar que estas
axudas que concede a Deputación por urxente necesidade son aquelas directamente relacionadas coa
prestación de auxilio a familias ou colectivos con necesidades consideradas
preferentes.
Tamén lle concedeu a esta entidade
unha colaboración de 5.000 euros, neste caso para sufragar os gastos de persoal
e traballador social. Esta entidade desenvolve unha importante labor social,
ofrecendo asistencia e acollida a persoas con risco de exclusión social, que
viven en condicións desfavorables, discapacitadas, ou que proveñen de familias
desestructuradas. Esta Fundación traballa na mellora da calidade de vida destas
persoas, aumentando as súas habilidades sociais a través da súa implicación en
obradoiros formativos que permitan a súa integración laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario