12 de nov. de 2012

PONTEVEDRA

A CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL EN LEMBRANZA DAS VÍCTIMAS DA VIOLENZA VIAL RESULTOU TODO UN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

Reportaxe fotográfica: Eliseo Rodríguez

Infogauda / Pontevedra

A cidade de Pontevedra acolleu o pasado sábado 10 de novembro, o acto de conmemoración do Día Mundial en Lembranza das Víctimas da Violenza Vial. O evento, orgaizado pola asociación Stop Accidentes, contou coa participación de autoridades municipais e da Xefatura Provincial de Tráfego, ciclistas, veciños da cidade e voluntarios.
A xornada escomenzou con unha Carreira de Campions, adicada ás víctimas de accidentes de tráfego. En primeiro lugar disputouse unha contrarreloxo por equipos. Deseguido houbo unha marcha popular, por un percorrido urbán, no que os participantes tiveron que dar 5 voltas: Praza da Peregrina (saída e meta), Michelena, Praza de España, Praza de San Xosé, Augusto González Besada, Praza de Galicia, Andrés Muruais e rúa Peregrina. 
O apartado deportivo tivo como colofón, unha proba de fondo, que conlevou 30 voltas o devandito circuito.
Compre salientar que entre os participantes estaban, entre outros, Alvaro Pino, Oscar Pereiro, Evaristo Portela..., o que demostra seu compromiso coa seguranza vial e súa solidariedade coas familias das víctimas de accidentes de tráfego.
Chegado o intre das diferentes intervencións, Carmen Pérez Alonso (de A Guarda), socia e colabouradora de Stop Accidentes, deu lectura, o manifesto da Asociación do gallo do Día Mundial en Lembranza das Víctimas de Accidentes de Tráfego. 


                            
Asemade, Adriana Aramburu deu lectura a unha carta da historia extraída do libro Da Capo, en lembranza da súa curmá Almudena. 


En representación dos deportistas, o ponteareán Alvaro Pino Couñago deu lectura o manifesto dos ciclistas.
Pola súa banda, Oscar Pereiro fíxolle entrega a Carmen Pérez Alonso, de un agasallo conmemorativo da carreira ciclista, para Stop Accidentes.
Ademais de un solta de globos, tódolos presentes gardaron un minuto de silenzo en lembranza de tódalas víctimas de accidentes de tráfego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario