AS VOSAS IMAXES
ROMARÍA DE SAN MARTIÑO
Foto: Eduardo Rodríguez Pereira
Infogauda / O Rosal
Con unha climatoloxía que convidaba a face-la camiñata, este domingo día 11 de novembro, festividade de San Martiño, tivo lugar a tradicional romaría, na que participaron moitas persoas da contorna. A xornada escomenzou ás 9:30 da mañá, con unha eucaristía na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal. E arredor das 10:30, os mozos sacaron a imaxe do santo en procesión ata á ermida, onde ás 12:00 o párroco D. Julio Ramos Rodríguez oficiou unha misa solemne, con sermón.
A romaría popular, certamente moi concorrida, estivo amenizada polo Grupo de Gaitas Albariños, do Rosal. A tardiña, a xente escomenzou a baixar, acompañando de novo o santo ata á igrexa parroquial, dando así por rematada unha celebración de moita tradición no Val do Rosal.
Galería de imaxes do fotógrafo de A Guarda, Eduardo Rodríguez Pereira (Lalo Pozas), colabourador de Infogauda, correspondentes á romaría de San Martiño deste ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario