10 de out. de 2012

VAL MIÑOR



ALFONSO RUEDA, RAFAEL LOUZÁN E AGUSTÍN HERNÁNDEZ PARTICIPAN NO MITIN CENTRAL DO VAL MIÑOR, EN GONDOMAR

Terá lugar ás 20,30 horas no Auditorio Lois Tobío

Infogauda / Gondomar
Gondomar acollerá este xoves, 11 de outubro, o mitin central que os populares organizan na comarca do Val Miñor e ao que se agarda unha presenza masiva de público.
O acto, que terá lugar ás 20,30 horas no Auditorio Lois Tobío, contará coa participación do secretario xeral do PPdeG e candidato ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, os tamén candidatos Agustín Hernández e Patricia Durán, e o presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán.
Xunto a eles, está previsto que tamén tomen a palabra os responsables locais do PP en Baiona, Jesús Vázquez; de Nigrán, Alberto Valverde; e de Gondomar, Fernando Guitián.

Ningún comentario:

Publicar un comentario