18 de nov. de 2011

PONTEVEDRA




A DEPUTACIÓN SACARÁ A CONCURSO UN CONTRATO DE MANTEMENTO PARA O MANTEMENTO DOS 36 PRIMEIROS CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL DA PROVINCIA



O investimento será de 224.00 euros






Infogauda / Pontevedra




O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou a aprobación en Xunta de Goberno dun contrato de mantemento para os 36 primeiros campos de fútbol de herba artificial construídos na provincia. “Procederase a súa revisión e posta a punto para facer a entrega definitiva dos mesmos aos concellos e aos clubs para que sexan eles quen a partir de agora se fagan responsables”. O contrato suporá un investimento por parte da Deputación de 224.000 euros.
O obxectivo desta medida é evitar o envellecemento prematuro das instalacións; a consecuente diminución das súas condicións deportivas, e alongar a vida útil dos campos nas máis óptimas condicións de xogo.
Trátase dunha demanda de clubs e concellos que atravesan por unha situación económica delicada. A Deputación asume esta decisión “para prolongar a vida útil dos campos e que o investimento que se fixo siga sendo rendible durante moitos anos”, explicou Rafael Louzán.
O concurso público que se publicará recollerá entre outras medidas o cepillado de toda a superficie do terreo, a inspección das xuntas e reparación no caso de ser preciso, inspección de malas herbas e tratamento con herbicida biodegradable, descompactación do terreo para garantir a permeabilidade, comprobación e arranxo dos sistemas de drenaxes e rego, aportación de caucho (reciclado de neupmático) para recuperar as prestacións biomecánicas.
O Prazo de execución dos traballos será de dous meses. Rafael Louzán anunciou que máis adiante sairá á luz outro concurso público para o mantemento de 30 novos campos de fútbol.
Campos sobre os que se vai a actuar:
1. Augas Ferreas (A Cañiza).
2. A Sangriña (A Guarda).
3. San Amaro (Cangas).
4. O Aral ( Baiona).
5. As Corticeiras (Caldas).
6. O Pombal (Cambados).
7. Municipal de Chapela ( Redondela).
8. As Cachizas (Meaño).
9. O Regatiño (Tomiño).
10. As Cercas (Gondomar).
11. Hío (Cangas).
12. Coto Torrón (Mos).
13. Pardellas ( Ponteareas).
14. Chan de Barcia ( Ponte Caldelas).
15. Atios (Porriño).
16. Monte da Lomba (Vilanova).
17. O Casal (Salvaterra).
18. O Salgueirón (Soutomaior).
19. A Carballa (Tomiño).
20. Álvarez Durán (Tui).
21. Camballón (Vila de Cruces).
22. A Bouza (Illa Arousa).
23. Silleda.
24. Cuíña (A Estrada).
25. A Xunqueira (Pontevedra).
26. Angoares (Ponteareas).
27. A Bouzá (Ribadumia).
28. San Pedro (Marín).
29. Mondariz.
30. A Seca (Poio).
31. As Chans (Vilanova).
32. Ramón Diéguez (Pontecesures).
33. A Rapeira (Portas).
34. Ribadelouro (Tui).
35. Vilalonga (Sanxenxo).
36. San Martín (Vilagarcía).

Ningún comentario:

Publicar un comentario