XXV Semana Cultural de Pedornes
Informa: Manuel A. Pombal / Pedornes
Programa do luns día 7:
Ás 17:00 h. comezaremos coa introdución ao xogo da Petanca para todos os nenos, e tamén para todo aquel que queira iniciarse neste xogo apto para todas as idades. Logo, ás 19:00 h. proxectarase o documental de natureza editado pola Deputación de Pontevedra e titulado “O Espía da Natureza”. É un documental en galego dirixido e presentado polo naturalista, produtor e realizador audiovisual Federico de la Peña Santos. Trátase dun interesante percorrido por algúns dos principais valores medioambientais, etnográficos e históricos da natureza da provincia de Pontevedra. Preséntase en cinco capítulos titulados: “Cando baixa a marea”, “A serra do Candán”, “En busca do mexillón de río”, “As casas dos mouros”, e “Os muíños de vento”.
Finalmente, ás 19:30 h. comezará o campionato de Escoba no que participaran tanto nenos como adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario