
A depuración de augas en Oia é un fracaso do PP de Oia e da Deputación de Pontevedra, onde facía falta unha solución crearon un problema medioambiental e económico.
O BNG de Oia afirma que “a incapacidade manifesta do governo local e mala xestión dos gobernos amigos da Deputación e da Xunta arruínan o futuro do municipio de Oia”
Infogauda / Oia
A axenda da semana política de Oia deixou dúas noticias de moito calado, unha noticia das decantadoras de Pedornes, Viladesuso e Mougás e as malas xestións do Alcalde de Oia e a Deputación Pontevedra. Outra é a noticia da xestión dunha solución definitiva as ríadas, que se inicia coa redacción dun proxecto pola empresa “Aquática Ingeniera Civil”, o Alcalde e Xunta non garanten a súa execución.
En 2006, dilapidaronse 750.000 na instalación de 5 decantadoras €. O BNG considera que ás decantadoras da Deputación son unha mala xestión dos fondos europeos no ámbito programa Depurtrans, xa que nunca cumpriron adecuadamente á súa función medioambiental debido as súas limitacións técnicas. Cando as instalaron desde a Deputación afirmaron que “os gastos de explotación non superan os 200 euros ao mes”, pero o certo é que os seus gastos de explotación mensuais poden chegar a 1800€ ao mes por cada decantadora. Nos últimos 2 anos o Concello de Oia leva gastados máis de 200.000 euros en gastos de explotación. O BNG esixe que se desmonten as decantadoras e que se depuren responsabilidades políticas por tan desastrosa xestión dos cartos públicos. As 6 parroquias están sen saneamento, despois de 8 anos de goberno de Alejandro Rodríguez. A depuración de augas en Oia é un fracaso do PP de Oia e da Deputación de Pontevedra, onde facía falta unha solución crearon un problema medioambiental e económico.
O goberno local do PP de Oia non aceptou a convocatoria, por parte da oposición, dun pleno extraordinario, pero anunciou a redacción dun proxecto integral de actuacións contra as riadas. A plataforma de veciños afectados apoia a convocatoria do extraordinario. No pleno extraordinario a oposición quere avaliar desde 2006 a xestión do goberno local para dar una solución final o problema das riadas. A convocatoria tamén incluía a avaliación detallada de todos os danos causados nas riadas de 2011 e os danos que están sen reparar desde 2006. Debemos lembrar que unha cousa é a redacción dun proxecto e outra e a súa execución”. O Alcalde e Xunta non garanten a súa execución.O BNG exercerá toda a presión posible no Concello de Oia e no Parlamento de Galiza, para que este proxecto non caia no esquecemento do PP. O BNG de Oia afirma que “a incapacidade manifesta do goberno local e mala xestión dos gobernos amigos da Deputación e da Xunta arruínan o futuro do municipio de Oia”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario