
LOUZÁN SUPERVISA EN BAIONA, OIA E TOMIÑO OS DESPERFECTOS PRODUCIDOS POLO TEMPORAL DE CHUVIA QUE XA ESTÁN SENDO REPARADOS POLAS BRIGADAS DA DEPUTACIÓN
Infogauda / Val Miñor / Baixo Miño
No caso de Baiona, Louzán e o alcalde Jesús Vázquez Almuíña supervisaron a o entoro da estrada Sabarís-Belesar onde as intensas chuvias coincidindo coa pleamar produciron o desbordamento do río. Segundo explicou o presidente, as incidencias producidas foron moito menos acusadas que as producidas no ano 2006 polo que “as medidas adoptadas e a mellora de infraestruturas acometida pola Deputación mitigaron as consecuencias do temporal, non obstante, será preciso seguir avanzando e colaborando para evitar sucesivas repeticións”. Pola súa banda, o alcalde, Jesús Vázquez, comentou que para salvar este problema “será preciso dirixirse a Augas de Galicia para que se estuden os puntos máis críticos e as posibles medidas a adoptar”.
O presidente tamén visitou en Baiona a subida á Virxe da Roca, na estrada Baiona-Lourenza, onde se tivo lugar o corremento dun muro que a entidade provincial volverá a reconstruír.
Río Seco
No municipio de Oia, Rafael Louzán visitou o lugar de Viladesuso, concretamente a zona de río Seco situado no entorno da estación de servizo. Neste lugar producíronse diversos arrastres de árbores, pedras e outros materiais, que foron limpados polos servizos da Deputación.
Rafael Louzán recordou que no ano 2006 xa tivera lugar unha importante incidencia neste lugar e que a Xunta do bipartito que gobernaba naquel momento se comprometera a executar un proxecto para mellorar a canalización no río Seco. Esta obra non se chegou a executar, a pesar de que a administración local dirixida por Alejandro Rodríguez tramitara todos os procesos administrativos necesarios para acometer a obra.
Segundo informo o presidente, actualmente, tanto o Concello, como a Xunta e a Deputación xa están coordinados para tratar de abordar esta actuación e darlle unha solución definitiva ó problema.
Louzán e Rodríguez tamén se achegaron ata a ponte de Bonaval, onde o intenso caudal do río acompañado polo exceso de ramas e sedimentos derrubou a balaustrada .
Entre outros puntos, Louzán e o alcalde de Oia tamén supervisaron a incidencia de maior gravidade na estrada Burgueira-Vilarchán, que conecta Oia con Tomiño, onde o desbordamento do río destrozou un carril da vía e só deixa outro de paso, con dificultades. A auga derrubou barandillas, viondas de seguridade e provocou danos no firme.
Perante todo o día, as brigadas da Deputación compostas por 60 operarios estiveron traballando tanto na limpeza dos materiais depositados sobre as vías, como na reparación dos desperfectos e para garantir, deste xeito, a seguridade vial das estradas provinciais.
Finalmente, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, explicou que para abordar estas incidencias a Deputación levará a cabo dúas accións. Por unha parte mediante a actuación do equipo humano das brigadas provinciais e municipais de cada concello. En segundo lugar, os servizos técnicos de Infraestruturas da Deputación analizarán os puntos débiles da comarca do Baixo Miño e Val Miñor onde reiteradamente se producen estes desperfectos para estudar as posibles medidas a adoptar para tratar de solucionar de forma definitiva a problemática existente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario